Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2008

POR QUE ME SAE DE DENTRO!

Por que me sae de dentro é un verso de Celso Emilio Ferreiro do seu coñecido poema Deitado fronte o mar que imos colgar a continuación: DEITADO FRENTE AO MAR Lingoa proletaria do meu pobo, eu fáloa porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña; porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raíces que ao por a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos abos que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos do lingoaxe, remo i arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque sí, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingoa. Non falo pra os soberbios, non falo pra os ruis e poderosos, non falo pra os finchados, non falo pra os valeiros, non falo pra os estúpidos, que falo pra os que agoantan rexamente mentiras e inxusticias de cotío; pra