Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PLAN LECTOR

OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE de A. D. R.CASTELAO

Castelao pintando as máscaras para a obra   Para ver contidos:  OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE  

PLAN LECTOR 2º TRIMESTRE: O LOBISHOME DE CANDEÁN, de Paula Carballeira

Portada do libro e a autora do mesmo. Que é un lobishome ou un licántropo? A etimoloxía (a orixe das palabras) de licántropo suma dúas palabras gregas Licos: lobo + antropos: home. Logo un lobishome, que é a palabra galega será un ser humano que se converte en lobo.  Hai na tradicion oral galega moitas historias que nos falan dos lobos e dos lobishomes, imos ver varias nestes días namentres ides lendo na casa este libro  de Paula Carballeira e ides facendo os resumos de cada capítulo manuscritos para entregalos no día da proba de lectura que será o próximo día 15 de abril. DA TRADICIÓN ORAL: OS LOBISHOMES  O LOBISHOME NO SEQUEIRO O sucedido que vou referir contáronmo como certo. Dixéronme onde foi, que foi preto de Trives; vive aínda quen mo contou, e que, cando era novo, coñeceu a todas as persoas que andaron na historia, porque tampouco hai tanto tempo que pasou: haberá como cincuenta ou sesenta anos. Mais imos ao conto.  Era pola castañeira. O tempo era revolto e ...

PLAN LECTOR: MEMORIAS DUN NENO LABREGO

  Para rematar este primeiro trimestre imos realizar a lectura dun clásico da literatura galega contemporánea, un libro de Xosé Neira Vilas titulado Memorias dun neno labrego Unha semana despois das vacacións faremos a proba de lectura desta obra. 

RECOMENDAMOS ALGUNHA LECTURA EN GALEGO PARA O VERÁN

 Un par de recomendacións para ler en galego:  Un ollo de vidro , un clásico de Castelao agora que anda de aniversario. Puberdade en marcha , un libro informativo sobre a puberdade.  

OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE de A. D. R. CASTELAO

  Para rematar o curso lendo en galego, traballamos na aula esta lectura dun texto teatral.  Haberá unha proba escrita sobre esta lectura, poderás ir realizando osteus propios resumos para preparala na libreta.  O autor A. D. R. Castelao pintando as máscaras para o estreo da obra en Buenos Aires.  LELA:  PLAN LECTOR: Unha pregunta sobre:  Os Vellos non deben namorarse Autor, estructura da obra de teatro e personaxes principais. Resumir a trama dun dos lances.  A estrutura da peza Os vellos non deben de namorarse  os tres lances constitúen as tres escenas principais, un prólogo e un epílogo. Esta obra, que o mesmo autor chama no prólogo farsa en 3 lances non é unha obra tradicional (farsa é unha peza na que a realidade caricaturizando ou deformando aos personaxes) xa que se mesturan elementos realistas e expresionistas, cunha finalidade en moitos casos simbólica. O tema da obra é tópico e universal: este coñecidísimo drama, tres versións diferentes...

LECTURA DO SEGUNDO TRIMESTE: A ERA DE LÁZARO de Paula Carballeira

   A segunda lectura do Plan lector deste curso en galego será unha novela de Paula Carballeira, unha das nosas autoras vivas cun Premio Nacional de Literatura. Imos tentar recibila e ter un encontro con ela despois da lectura.  A proba de lectura realizarémola á volta das vacacións de Semana Santa e haberá que presentar os resumos manuscritos de cada capítulo o día da mesma. 

Eu son Balbino

   LECTURA: Eu son Balbino    MEMORIAS DUN NENO LABREGO de Xosé Neira Vilas Lemos e consultamos as dúbidas do vocabulario. MEMORIAS DUN NENO LABREGO (Léxico) EU SON (Ser) un ninguén: Ser unha persoa pouco importante, sen importancia. Non hai quen lle tusa: Que se lle ten respecto. Alancar : Dar pasos grandes Brocha: Chatola. restrebar ou xuntar monllos: volver a labrar unha leira, un atado de herba ou semellantes moxardos: moscas, tabáns. muíños apeados: muíños parados (por encherse de auga) espeteiras:  táboa con espetos ou garfos para colgar, colgadoiros. Murnas: mancha na pel por efecto de achegarse ao lume.   fridas : feridas. Gurrucho: grolo   Broa: pan de millo Diferenza entre estar e ser (somos tristes) os trafegos da terra aniñados nos ollos: Ter os labores do agro sempre na cabeza. Cortizo:  nunha colmea   Quedo desatafegado (sen tarefas), libre, coma se me quitasen de enriba un bocoi ( un gran peso). ...

PLAN LECTOR: OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE

  A terceira lectura do curso é un texto dramático de A. D. R. Castelao, Os vellos non deben namorarse. Ímola realizar na aula e logo, cando rematemos a lectura,  faremos a proba de comprensión como corresponde e por escrito polo que debemos poñer moita atención a este proceso que será distinto ao que seguimos coas anteriores lecturas. Podes, iso si, ir realizando os teus resumos lance a lance segundo vaiamos lendo.    Castealo o autor preparando as máscaras dos personaxes da súa obra estreada en Bos Aires, Arxentina.

ENCONTRO COA AUTORA PAULA CARBALLEIRA

  Breve reportaxe no blog da biblioteca