Saltar ao contido principal

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS SEGUNDA AVALIACIÓN

CONTIDOS DA SEGUNDA AVALIACIÓN 1º ESO  UNIDADE 4 Léxico: sentido literal e figurado páx. 74 Ortografía: Sons e letras páx. 75  Gramática: Clases de oracións páx. 76-77 Literatura: Os xéneros literarios. páx. 80-81 Sociolingüística: As linguas latinas ou romances e as linguas da península páx. 86-87. UNIDADE 5 Ortografía páx. 99 O son do B e a grafía b. Gramática: O substantivo páx. 100 GRAMÁTICA  - VERBOS REGULARES páx. 263-264 Conxugar os verbos tempos e modos do verbo en galego.  UNIDADE 9:  -  PRONOMES PERSOAIS E NON PERSOAIS no blog e  páx. 182-183-184 - PRONOMES PERSOAIS  TÓNICOS E  ÁTONOS cadros no libro páx. 262. - COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS  Sobre a colocación dos pronomes átonos:  Nunca comeza o enunciado un pronome átono:  Énche me   o depósito. Díxen lle todo. Habitualmente irá detrás do verbo:  Quéro te. Existen catro excepcións :  - Oracións negativas ou desiderativas:  Non te quero / Oxalá te quixese. - Oracións subordinadas: Dixo que te quería/ se te quixese... / po

POR QUE ME SAE DE DENTRO!

Por que me sae de dentro é un verso de Celso Emilio Ferreiro do seu coñecido poema Deitado fronte o mar que imos colgar a continuación: DEITADO FRENTE AO MAR Lingoa proletaria do meu pobo, eu fáloa porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña; porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raíces que ao por a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos abos que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos do lingoaxe, remo i arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque sí, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingoa. Non falo pra os soberbios, non falo pra os ruis e poderosos, non falo pra os finchados, non falo pra os valeiros, non falo pra os estúpidos, que falo pra os que agoantan rexamente mentiras e inxusticias de cotío; pra

VERBOS IRREGULARES

  Lembras como se conxugaban os verbos regulares en galego? Os seus 3 modos, os 10 tempos, que tiñan tres conxugacións e tres persoas en singular e outras 3 en plural?  Dos  verbos regulares só hai que memorizar ben os nomes dos tempos de cada modo, dado que sempre teñen a mesma raíz, e  as características modais-temporais, esas que aparecen en vermello nos seguintes cadros.   QUE HAI QUE SABER DOS VERBOS IRREGULARES:   1º-Os verbos irregulares presentan raíces ou lexemas diferentes, namentres que os verbos regulares teñen sempre a mesma raíz: vou, ía, fun (verbo ir que é irregular)   cant-o, cant-aba, cant-ou (verbo cant-ar, regular)     2º Os verbos irregulares son poucos, pero moi usados, uns 18. CABER , DAR, DICIR, ESTAR, FACER, HABER, IR, PODER, POÑER,PóR,PRACER, QUERER,SABER,SER,TER,TRAER,VER, VIR    3º Teñen un tempo máis que os regulares porque o seu Infinitivo conxugado é diferente do Futuro de subxuntivo: Un truco para conxugar ben os verbos irre