Saltar ao contido principal

CONTIDOS SEGUNDA AVALIACIÓN

CONTIDOS DA SEGUNDA AVALIACIÓN 1º ESO 

UNIDADE 4

Léxico: sentido literal e figurado páx. 74

Ortografía: Sons e letras páx. 75 

Gramática: Clases de oracións páx. 76-77

Literatura: Os xéneros literarios. páx. 80-81

Sociolingüística: As linguas latinas ou romances e as linguas da península páx. 86-87.



UNIDADE 5

Ortografía páx. 99 O son do B e a grafía b.

Gramática: O substantivo páx. 100

GRAMÁTICA 

- VERBOS REGULARES páx. 263-264 Conxugar os verbos tempos e modos do verbo en galego.



 UNIDADE 9: 

-  PRONOMES PERSOAIS E NON PERSOAIS no blog e  páx. 182-183-184




- PRONOMES PERSOAIS  TÓNICOS E  ÁTONOS cadros no libro páx. 262.

-COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS 

Sobre a colocación dos pronomes átonos:

 Nunca comeza o enunciado un pronome átono:  Éncheme o depósito. Díxenlle todo.

Habitualmente irá detrás do verbo:  Quérote.

Existen catro excepcións:

 - Oracións negativas ou desiderativas:  Non te quero / Oxalá te quixese.

- Oracións subordinadas: Dixo que te quería/ se te quixese... / porque te quería.

- Oracións interrogativas ou exclamativas directas: Quen te quererá?/ Como te quería!

. Cando antes do verbo hai adverbios e indefinidos: Xa te quería/  Alguén te querería


- OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo: 

 Eu fixen filloas para Icía. 

O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu é o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: 

Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas

Se preguntamos A ou PARA QUEN as fixen? Responderá o Complemento Indirecto: para Icía

- Exercicios cos pronomes para practicar 



LITERATURA

Día de Rosalía: 23 de febreiro do 2024 (Vida e obra de Rosalía, porque Rosalía está viva!)

LECTURA DA AVALIACIÓN E ENCONTRO COA  AUTORA o próximo 2 de abril 

Imos comezar a ler o libro para que á volta das vacacións de Semana Santa. o próximo 2 de abril teñámolo lido e gocemos coa posta en común coa súa autora, PAULA CARBALLEIRA, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023.  Esperaremos a ter feito  este encontro para realizar  a Proba de Lectura. 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

CONTIDOS DA 1ª AVALIACIÓN

Unidade 0: A memoria de noso.  Lingua e Sociedade:  -  A nosa lingua ten nai e avoa: -   A lingua que nos fai orixinais - O dereito a ser diferente . (Metáfora do idioma) UNIDADE 1: O nome de Galicia e o galego entre as linguas do mundo Comunicación: libro da aula páx. 8  Gramática: As palabras no libro páx. 16.  Morfemas flexivos e derivativos, palabras derivadas e compostas. Parasíntese. páx.17 Clases de palabras. Das palabras ás frases:  As frases ou sintagmas no blog. Ortografía: Normas de acentuación páx. 15 Vocabulario: Os dicionarios páx. 14 Literatura: Literatura e funcións da literatura páx. 20-21 UNIDADE 2: Lingua e sociedade: A árbore filolóxica de 1º da ESO  Comunicación: Comunicación oral e escrita no libro páx. 28 Gramática: O Substantivo. Xénero e número no blog e/ou no libro páx. 100-101 Vocabulario: O alfabeto galego e a orde alfabética páx. 34 Ortografía: Acentuación Ditongos, tritongos e hiatos páx. 35  Acentos diacrí...