Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

Que debemos ver cando imos ao teatro?

  O xénero dos diálogos:  dramático ou teatral é un xénero literario moi peculiar.  Preséntase nun texto pensado para representar con diálogos de personaxes e acoutacións ou indicacións para poder levar a cabo a obra tal e como foi concibida polo autor/a.  O  xénero do conflito : Outro dos elementos claves é que no teatro imos ver un conflito en acción, unha especie de desacordo, de loita de ideas ou entre contrarios, de choque ou enfrontamento de formas de pensar e actuar que ben se poden resolver de xeito tráxico (mortes, finais tristes e terribles) ou ben r ematar de maneira feliz ou cómica  (alegrías, festa, celebracións).   ACTIVIDADES:   Formulemos unha primeira pregunta.   1- Mirando a ilustración que acompaña ao dítico co que se presenta a obra, cal cres que será o conflito que se plantea nesta representación?  A obra que ides ver representada pola Aula de Teatro do Sei San Narciso, titúlase:  FOBOS, unha viaxe baixo ...

A FESTA DO MAIO EN GALICIA

Que relación ten a Festa do Maio coa Mitoloxía Greco-romana e a mitoloxía Céltica? Como contaban os gregos e os romanos o paso do inverno á primavera? Contan os mitos gregos que Antigamente a primavera era eterna e que os deus supremo dos vivos, Zeus,  e dos mortos, Hades, dependían para alimentar á humanidade da deusa grega da fecundidade Deméter (Ceres para os romanos) e da súa filla Perséfone (en latín Flora ou Proserpina) deusa da floración.  Hades raptou a Perséfone e levouna ao mundo dos mortos e soubemos como se sae coa súa a pesar do seu acto violento, porque a deusa comeu seis pepiñas de granada, a súa froita preferida. Cando Deméter despois de meses longas xornadas de desesperación, deixara de provocar colleitas para a limentar aos mortais, famentos estes e queixándose a Zeus, levaron a este e a Deméter na procura da filla desaparecida. Helios (o Sol que todo o ve) revelou o paradoiro de Persefone, raptada por Hades, e cara este foron dirixidas as demandas inmediatas...