Saltar ao contido principal

BEGOÑA CAAMAÑO, LETRAS GALEGAS 2026


 

O Día das Letras Galegas celebrouse por vez primeira un 17 de maio de 1963, xusto cen anos despois da saída da imprenta do primeiro libro en galego de Rosalía de Castro titulado Cantares Gallegos.   

Esta ano 2026 homenaxeamos neste Día das Letras a Begoña Caamaño. (1964-2014)  Procuramos unha breve biografía na que destacamos tres facetas a de xornalista a prolo do galego, a de activista feminista e escritora que recrea a mitoloxía grega e céltica. 


                                                     Escribo para pensar o mundo que eu quero  

DA MITOLOXÍA GREGA

1- Resume o argumento da Odisea de Homero, considerada a primeira novela da literatura occidental escrita hai 2600 anos na Grecia Antiga. Un libro que Begoña coñeceu na súa infancia e ao que volveu para escribir a súa primeira novela Circe ou o pracer do azul.  

2-Cantas mulleres aparecen citadas no argumento que acabas de atopar? 

Begoña Caamaño vai colocar, pola súa profunda convicción feminista, nun primeiro plano, como as protagonistas absolutas da súa narrativa,  a aquelas mulleres ás que Homero retratara na Grecia Antiga. O reto era grande e o resultado foi marabilloso. 


RESUMO DA TRAMA DA NOVELA: 

Circe ou o pracer do azul

...Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a problable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, dunha muller misteriosa que a informa que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí  vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres...

3- Quen son, como se chaman, estas dúas mulleres? 

4- Que nos contan os mitos gregos ou como chegaron ata nós estas dúas mulleres? 

5- Como era a Penélope da literatura galega ata chegar á Penélope de Begoña Caamaño? 

 Pequeno traballo de investigación: Da Penélope de Rosalía de Castro á Penélope de Begoña Caamaño, pasando pola de Xohana Torres.  

Poema de Rosalía de Castro: Tecín soia a miña tea  (Follas Novas)1880


Poema de Xohana Torres: Penélope  (En tempos de ría) 1992
                    



Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...