Saltar ao contido principal

PRONOMES PERSOAIS

 


PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS


PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS

Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo.


A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS

- Nunca poden comezar un enunciado:    Quérote moito!

- Posición natural despois do verbo:    Pediume un libro. 

Excepcións:

       1ª- Oracións desiderativas ou negativas:  Oxalá te quixese! Non cho daría.

       2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:  Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....

       3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas: Quen che dixo iso?  Como te quixo!

       4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e              adverbios (acaso, aínda, ata, ben, case, disque, igual, seica, sempre, só, tamén, xa):

                        Alguén cho dixo,                          Sempre te quererei.                   Xa cho mandei.

Exercicios cos pronomes


Como distinguir COMPLEMENTO DIRECTO DO COMPLEMENTO INDIRECTO:

Fíxate no seguinte exemplo:

 

                                  Eu fixen filloas para eles.

 

O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos:

Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo (CD): filloas

 

Se preguntamos A ou PARA QUEN as fixen? Responderá o Complemento Indirecto (CI): para eles.

                                 Eu   fixen     filloas        para eles
                                 sux.  Vbo.      CD               CI   

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...

CONTIDOS DA PROBA DA TERCEIRA AVALIACIóN

A proba da 3ª avaliación versará sobre os seguintes contidos: Gramática: VERBOS IRREGULARES Haberá que conxugar (varios tempos) dos verbos que aparecen nas páx.265 a 272: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poñer, pór, poder, querer, saber, ser, ter e TRAER , VER / VIR   (ollo que non aparecen nestas páxinas do libro, pero si nos enlaces correpondentes) PRONOMES  PERSOAIS ATÓNOS  Seguimos traballando co uso dos pronomes átonos. Lembra estudar a colocación dos pronomes, cando usar TE/CHE e practicar como contraen para substituír con pronomes átonos o CD e o CI dunha oración.   OS DETERMINANTES: ARTIGOS, ADXECTIVOS E PRONOMES (NON PERSOAIS)  no libro de texto páxinas 140-141/ 158-159 Léxico e ortografía Grafías con B / V páxinas 99 e 119 do libro. Grafías con H ou sen ela páxina 139 do libro DECATARSE e 6 advertencias máis Literatura AS LETRAS GALEGAS DO 2026. BEGOÑA CAAMAÑO. Lingua e sociedade AS LINGUAS DO MUNDO: AS LINGUAS DA PENÍNSULA Tradición o...