Saltar ao contido principal

QUE É O ENTROIDO? QUE É A CORESMA?


 Sabías que Galicia ten un dos 10 entroidos máis orixinais do mundo?  Por que é tan especial?

Pero que é iso do Entroido? Por que se celebra en todo o mundo? Cal é o seu significado, a súa orixe?

O Entroido na súa etimoloxía indícanos unha palabra "entrada" que nos axuda a entender que se celebra, unha preparación para que entre ben a primavera, o tempo da calor, o tempo das colleitas nos campos, propiciatorio da fecundidade tamén do gando, mesmo dos seres humanos. 


 Que é o que marca o comezo e o remate do Entroido?  A Coresma é ese períod e 40 días que remata coa primeira lúa chea da primavera. ë este tempo un tempo de xexún durante o cal se invita á reflexión sobre o misterio central da relixión cristiá, a morte e resurrección de Cristo e se invita a que os venres  non se pode comer carne. De aí estoutra denominación do tempo anteior á Coresma,  o Carnaval (que quere dicir "adeus á carne") que é unha das tradiciois propias do Entroido  comer abundante carne de porco. 

  

 O NOSO MECO 

COPLAS PARA UN XOVES DE COMADRES NO SEI SAN NARCISO 2025

ELAS:

VEN O ENTROIDO,  VEN AXIÑA

COA MÁSCARA E O BARULLO

PRA PODER BRINCAR COS MOZOS

PARA ENCHER BEN O BANDULLO!

 

ELES:

HOXE XOVES DE COMADRES

LEVAN O MECO AS MULLERES

PRA O XOVES QUE VÉN TOCA

FACER ÓS HOMES OS DEBERES

 

ELAS: 

ARRIBA PANDEIRO ROTO

ABAIXO MANTA MOLLADA

ONDE ESTEMOS AS MULLERES

OS HOMES NON VALEN NADA

 

ESTE MECO QUE TRAEMOS

PARECE UNHA PROFESORA

CON APUNTAMENTOS E TODO

DA SÚA MATERIA DE HISTORIA

 

ESTE MECO QUE LEVAMOS

SEMELLA SER  PROFESORA

QUE DÁ LENGUA E APOIOS,

ADEMAIS DE DAR HISTORIA

 

 VEN O ENTROIDO,  VEN AXIÑA

COA MÁSCARA E O BARULLO

PRA PODER BRINCAR COS MOZOS

PARA ENCHER BEN O BANDULLO!


Sigamos compoñendo esta cantiga dialogada para os nosos Mecos.

ELES:

HOXE  É XOVES DE COMPADRES...



Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...