Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta AS LETRAS

BEGOÑA CAAMAÑO, LETRAS GALEGAS 2026

  O Día das Letras Galegas celebrouse por vez primeira un 17 de maio de 1963, xusto cen anos despois da saída da imprenta do primeiro libro en galego de Rosalía de Castro titulado Cantares Gallegos.     Esta ano 2026 homenaxeamos neste Día das Letras a Begoña Caamaño. (1964-2014)  Procuramos unha breve biografía na que destacamos tres facetas a de xornalista a prolo do galego, a de activista feminista e escritora que recrea a mitoloxía grega e céltica.                                                       Escribo para pensar o mundo que eu quero   DA MITOLOXÍA GREGA 1- Resume o argumento da Odisea de Homero, considerada a primeira novela da literatura occidental escrita hai 2600 anos na Grecia Antiga. Un libro que Begoña coñeceu na súa infancia e ao que volveu para escribir a súa primeira novela Circe ou o pracer do az...

AS LINGUAS DO MUNDO / AS LINGUAS DA PENÍNSULA

  Actividade: Observa as 4 diferenzas entre este mapa e o que trae o libro na páx. 86 sobre as lingua na península. Imos tomar boa nota destas diferenzas.  É O GALEGO UNHA LINGUA MINORITARIA?  A LUSOFONÍA: A relación do Galego e o Portugués:

O DÍA DAS LETRAS 2024: Luísa Villalta

  Visualiza e le os 10  paneis da exposición no seguinte enlace e vai tomando notas na túa libreta para poder realizar unha biografía: vida e obra de Luísa Villalta: EXPOSICIÓN PDF A seguir repara en sete palabras para achegarmos a Luísa Villata: SETESTRELO RITO DE RESISTENCIA. Selección de palabras e versos de Luísa Villalta para ler e pensar. “Nacín enfronte de min mesma cando a Pescadería era un leito de sereas”   “E falo tamén dos xardíns que organizan estratexias para que a nena que aínda teño de chegar a ser desconfíe dos lugares abertos que non teñen saída...”   “faga o que faga algo me lembra sempre que son unha muller”   Mírame, mírate, mírame en ti e escólleme para soñarte.   “destes nosos corpos, o único que somos”   “a inmensidade do espazo que temos para voar”   ...O feminismo ten un campo de análise e actuación renovado na medida en que parte da súa mensaxe está a ser reutilizada como un novo meio de...