Saltar ao contido principal

NO CAMIÑO, A EMPATÍA (Unidade 0 - Curso 2026/27)

 

                                   Cadea humana no Grove 12-XI-2012 ( Foto Vitor Mejuto)

Que che suxire esta fotografía?  Que están facendo? Quen a protagoniza? Que expresan para ti?  A ver se acertas que pode simbolizar.


Algunha vez te preguntaches por que vivimos en sociedade? Por que o ser humano non pode vivir aillado e de costas ao outro? Cal é a clave para vivir en colectivo? 


A resposta está na identidade.   

    Nesa procura do eu que comeza mesmo ao nacer, hai un camiño constante que nos vai descubrindo o mundo aos poucos, un mundo tan complexo e diverso que sempre haberá alguén alleo ao que achegarnos. Nese camiñar, por forza, caemos na conta de que a diversidade nos fai humanos e deste xeito axiña pasamos de estar na Casa a construír na paisaxe a nosa Terra, en base a nosa lingua, cultura e historia, unha personalidade na que o orixinal do nós, da nosa forma de ser nos abre as portas da universalidade. Trátase dun camiñar incesante e intrincado, intelixente e audaz no que se fai imprescindible practicar a empatía.   Liberarse dos prexuízos cara aos demais implica saber mellor quen somos e ser empáticos tanto cun mesmo como con calquera distinto a nós. Apreciar o propio conleva coñecer a diferenza e valorar a variedade de idiomas e culturas como a nosa esencia.

    A empatía será no camiño deste curso, a compañeira escollida como ferramenta para medrar. É unha compoñente que nos permite erguer o ser humano que transcende o eu, que repara no nós ineludiblemente incorporando o sentir do alleo. Coa empatía entenderemos que significa realmente a humanidade.


Cres que este tema das nosas Tanxugueiras con Juancho Marqués  reflicte dalgún xeito a empatía? Por que?



Miré a los lados y estaban
Las que tenían que estar
Y las miradas bailaban
Sobre las olas del mar

Ao meu carón alí estaban
Esas que tiñan que estar 
E as miradas bailaban 
Sobre as ondas do mar

Vivo sobre unha pedra sentada
Estou deixando a vida pasar 
Inda sinto a brisa na cara

Vivo sobre una piedra sentada
Estoy dejando la vida pasar
Ahora siento la brisa en la cara

Ailaralalala ailaralalala ailaralalara 
Ailaralalala ailaralalala ailaralalara

Solo quise ser la plataforma
Dar cobijo al que venga después 
Lagrima que brotó de mis ojos
No verá que en la lluvia se fue
Hasta el árbol que un día planté
Tardará mucho tiempo en crecer 
Pero a ti te dejará una sombra 
Donde yo nunca me tumbaré 

Síntoas preto, ás que recollían as pedras
que me ferían ao camiñar
Síntoas preto, sendo terra
e eu a piques de naufragar 

Ailaralalala ailaralalala ailaralalara 
Donde yo nunca me tumbaré
Ailaralalala ailaralalala ailaralalara
Donde yo nunca me tumbaré

Ailaralalala ailaralalala ailaralalara

Miré a los lados y estaban 
Las que tenían que estar
Ao meu carón alí estaban
Esas que tiñan que estar





Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...

CONTIDOS DA PROBA DA TERCEIRA AVALIACIóN

A proba da 3ª avaliación versará sobre os seguintes contidos: Gramática: VERBOS IRREGULARES Haberá que conxugar (varios tempos) dos verbos que aparecen nas páx.265 a 272: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poñer, pór, poder, querer, saber, ser, ter e TRAER , VER / VIR   (ollo que non aparecen nestas páxinas do libro, pero si nos enlaces correpondentes) PRONOMES  PERSOAIS ATÓNOS  Seguimos traballando co uso dos pronomes átonos. Lembra estudar a colocación dos pronomes, cando usar TE/CHE e practicar como contraen para substituír con pronomes átonos o CD e o CI dunha oración.   OS DETERMINANTES: ARTIGOS, ADXECTIVOS E PRONOMES (NON PERSOAIS)  no libro de texto páxinas 140-141/ 158-159 Léxico e ortografía Na aula Grafías con B / V páxinas 99 e 119 do libro. Grafías con H ou sen ela páxina 139 do libro DECATARSE e 6 advertencias máis Literatura AS LETRAS GALEGAS DO 2026. BEGOÑA CAAMAÑO. Lingua e sociedade AS LINGUAS DO MUNDO: AS LINGUAS DA PENÍNSULA Tra...