A NARRATIVA Aínda que antigamente a épica narraba feitos e fazañas en verso, axiña se foi impoñendo a prosa para narrar sucesos reais ou ficticios. Unha novela é unha obra escrita en prosa que narra feitos cuxa verosimilutude responderá á categoría que escolla a persoa que a escriba, acontecementos (normalmente ficticios) que lle ocorren a personaxes nun espazo e tempo determinado, respondendo a unha estrutura interna que organiza a persoa que a escribe (autora/ autor). TIPOS E NOVELA Segundo narren sucesos dunha categoría ou doutra podemos poñerlle un adxectivo á novela e falar de distintos tipos de novelas: históricas, policíacas, románticas, científicas, fastásticas, de aventuras, de ciencia ficción, etc... A VOZ NARRADORA A voz narradora pode responder a unha voz interna dunha personaxe protagonista se está en 1ª persoa ou unha voz narradora externa omnisciente (que coñece todos os detalles, mesmo o que pensa calquera personaxe) se está en 3ª persoa. ...
Novo Blog fusión de blogalizando e narciblog, os antigos blogs de GALEGO 1º da ESO do SEI SAN NARCISO (Marín)