Saltar ao contido principal

DO ENTROIDO Á CORESMA: O ENTERRO DA SARDIÑA DE MARÍN




Sabías que o Entroido galego é un dos máis orixinais do mundo? E por que?  

Investiguemos sobre este ciclo que prepara unha boa Entrada (Entoido) da primavera. Unha festa pagá que sobreviviu grazas ao Cristianismo, grazas a denominada Coresma, ese período de corenta días que se sitúa despois do Entroido e no que se realiza un xexún (deixar de tomar carne cada venres)  como forma de mostrar respecto para ceberar logo a morte e resurrección de Cristo coincidindo coa primeira lúa chea da primavera  que sempre debe coincidir coa denominada Semana Santa. 

A presión do Cristianismo na Europa  Occidental permitiu logo a conservación dese período caótico de máscaras e grandes comidas que se denomina Entroido. En Galicia celébrase o Entroido máis longo do mundo que comeza xusto despois do día de Reis (6 de xaneiro) e remata no día de martes de Entroido.

O xeito no que se celebra tradicionalmente en Galicia  o Entroido ten que ver cunha cantidade moi diversa de máscaras como o Cigarrón de Verín, Os Peliqueiros de Laza, as Pantallas de Xinzo e os folións de Maceda ou Viana do Bolo, entre outras moitas da provincia de Ourense. Comitivas nas que se tira fariña e trapos enlamados, tocan grandes binbos e as chocas soan por todos os lados. Hai outros festexos en lugares diversos como os Xenerais do Ulla  ( na Coruña) ou as danzas de Vilaboa ou o enterro do Meco do Grove ou da Sardiña de Marín e  o Rabachol en Pontevedra  nas que tamén se corre o Entroido e pecha o ciclo de xeito peculiar.    

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...