Para rematar o curso lendo en galego, traballamos na aula esta lectura dun texto teatral. Haberá unha proba escrita sobre esta lectura, poderás ir realizando osteus propios resumos para preparala na libreta. O autor A. D. R. Castelao pintando as máscaras para o estreo da obra en Buenos Aires. LELA: PLAN LECTOR: Unha pregunta sobre: Os Vellos non deben namorarse Autor, estructura da obra de teatro e personaxes principais. Resumir a trama dun dos lances. A estrutura da peza Os vellos non deben de namorarse os tres lances constitúen as tres escenas principais, un prólogo e un epílogo. Esta obra, que o mesmo autor chama no prólogo farsa en 3 lances non é unha obra tradicional (farsa é unha peza na que a realidade caricaturizando ou se deformando aos personaxes) xa que se mesturan elementos realistas e expresionistas, cunha finalidade en moitos casos simbólica. O tema da obra é tópico e universal: este coñecidísimo drama, tres versións diferen...