Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

O DÍA DAS LETRAS 2024: Luísa Villalta

  Visualiza e le os 10  paneis da exposición no seguinte enlace e vai tomando notas na túa libreta para poder realizar unha biografía: vida e obra de Luísa Villalta: EXPOSICIÓN PDF A seguir repara en sete palabras para achegarmos a Luísa Villata: SETESTRELO RITO DE RESISTENCIA. Selección de palabras e versos de Luísa Villalta para ler e pensar. “Nacín enfronte de min mesma cando a Pescadería era un leito de sereas”   “E falo tamén dos xardíns que organizan estratexias para que a nena que aínda teño de chegar a ser desconfíe dos lugares abertos que non teñen saída...”   “faga o que faga algo me lembra sempre que son unha muller”   Mírame, mírate, mírame en ti e escólleme para soñarte.   “destes nosos corpos, o único que somos”   “a inmensidade do espazo que temos para voar”   ...O feminismo ten un campo de análise e actuación renovado na medida en que parte da súa mensaxe está a ser reutilizada como un novo meio de aclimatar unha nova feminidade, isto é

NO PAÍS DA MOURA

 Visualizamos estes dous capítulos sobre a figura mitolóxica da Moura:  QUE É UNHA MOURA? AS XEOGRAFÍAS DO MITO Resumimos na libreta o seu contido coas nosas palabras. 

VERBOS IRREGULARES

  Lembras como se conxugaban os verbos regulares en galego? Os seus 3 modos, os 10 tempos, que tiñan tres conxugacións e tres persoas en singular e outras 3 en plural?  Dos  verbos regulares só hai que memorizar ben os nomes dos tempos de cada modo, dado que sempre teñen a mesma raíz, e  as características modais-temporais, esas que aparecen en vermello nos seguintes cadros.   QUE HAI QUE SABER DOS VERBOS IRREGULARES:   1º-Os verbos irregulares presentan raíces ou lexemas diferentes, namentres que os verbos regulares teñen sempre a mesma raíz: vou, ía, fun (verbo ir que é irregular)   cant-o, cant-aba, cant-ou (verbo cant-ar, regular)     2º Os verbos irregulares son poucos, pero moi usados, uns 18. CABER , DAR, DICIR, ESTAR, FACER, HABER, IR, PODER, POÑER,PóR,PRACER, QUERER,SABER,SER,TER,TRAER,VER, VIR    3º Teñen un tempo máis que os regulares porque o seu Infinitivo conxugado é diferente do Futuro de subxuntivo: Un truco para conxugar ben os verbos irre

A FESTA DO MAIO EN GALICIA

  A FESTA DO MAIO EN GALICIA Unha festa tradicional con gran arraigo na nosa comarca é a Festa do Maio. Trátase dun festexo tradicional que ademais se mantivo ao longo dos tempos e chegou a nós coma unha expresión moi asociada a nosa infancia pois será a infancia quen cobra un protagonismo especial no mantemento desta tradición. Aínda que sexan os máis novos quen aparezan en primeiro plano en moitos destes costumes que se adoitan realizar o 1º de maio, os adultos tamén son partícipes e promoven outras tradicións asociadas todas a este ciclo.  Os maios están relacionados coa entrada da primavera, é dicir, son a expresión ante todo dunha festa de orixe moi antiga, posiblemente precristiá, claramente agraria e moi vencellada á fecundidade dos campos . hai quen di que era unha festividade céltica relacionada coa deidade da fertilidade Beltane . Todas as culturas do mundo teñen algunha evidencia de festexar este festexo dentro do ciclo anual de costumes.De feito o espertar da natureza e

A NARRACIÓN: QUE DEBO SABER

  OS ELEMENTOS DA NARRACIÓN - O NARRADOR:  A voz ou voces da narración. Un ou varios puntos de vista que escolle o autor/a para contar os feitos. - A HISTORIA: Os feitos qu ese nos contan. - PERSONAXES: Principais (protagonistas e antagonistas que sofren transformacións ao longo da narración) e secundarios (que non alteran o seus trazos na narración) - ESPAZOS: Os lugares onde se sitúan os feitos -TEMPOS: Dous tempos sempre externo (en que época se sitúan os feitos) e interno ( canto duran eses feitos) - TIPOS DE DISCURSO: A forma na que se expresan os feitos (accións, descricións ou diálogos)  Apuntamentos:  A estrutura narrativa Os elementos da narración

ENCONTRO COA AUTORA PAULA CARBALLEIRA

  Breve reportaxe no blog da biblioteca

OS LOBISHOMES

OS LOBISHOMES NA TRADICIÓN ORAL GALEGA O lobishome ou lobo da xente é unha figira da mitoloxía popular galega profundamente asentada na tradición oral galega. A fada ou encantamento que adoitan ter os sétimos fillos, tamén poder ser consecuencia dunha maldición que lle botaron seus pais. Provoca que por un tempo se convertan en lobos tras envorcallarse na terra. Varios son os métodos que semellan ser eficaces para rachar coa fada: queimar a pel, facerlle unha ferida que sangue, ... Sobre a licantropía existen numerosas novelas, filmes e entre as máis destacadas a relacionada con Romasanta. ROMASANTA. O único lobishome documentado foi Manuel Branco Romasanta.  

CONTIDOS SEGUNDA AVALIACIÓN

CONTIDOS DA SEGUNDA AVALIACIÓN 1º ESO  UNIDADE 4 Léxico: sentido literal e figurado páx. 74 Ortografía: Sons e letras páx. 75  Gramática: Clases de oracións páx. 76-77 Literatura: Os xéneros literarios. páx. 80-81 Sociolingüística: As linguas latinas ou romances e as linguas da península páx. 86-87. UNIDADE 5 Ortografía páx. 99 O son do B e a grafía b. Gramática: O substantivo páx. 100 GRAMÁTICA  - VERBOS REGULARES páx. 263-264 Conxugar os verbos tempos e modos do verbo en galego.  UNIDADE 9:  -  PRONOMES PERSOAIS E NON PERSOAIS no blog e  páx. 182-183-184 - PRONOMES PERSOAIS  TÓNICOS E  ÁTONOS cadros no libro páx. 262. - COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS  Sobre a colocación dos pronomes átonos:  Nunca comeza o enunciado un pronome átono:  Énche me   o depósito. Díxen lle todo. Habitualmente irá detrás do verbo:  Quéro te. Existen catro excepcións :  - Oracións negativas ou desiderativas:  Non te quero / Oxalá te quixese. - Oracións subordinadas: Dixo que te quería/ se te quixese... / po