Saltar ao contido principal

A FESTA DO MAIO EN GALICIA

 

A FESTA DO MAIO EN GALICIA



Unha festa tradicional con gran arraigo na nosa comarca é a Festa do Maio. Trátase dun festexo tradicional que ademais se mantivo ao longo dos tempos e chegou a nós coma unha expresión moi asociada a nosa infancia pois será a infancia quen cobra un protagonismo especial no mantemento desta tradición.

Aínda que sexan os máis novos quen aparezan en primeiro plano en moitos destes costumes que se adoitan realizar o 1º de maio, os adultos tamén son partícipes e promoven outras tradicións asociadas todas a este ciclo. 

Os maios están relacionados coa entrada da primavera, é dicir, son a expresión ante todo dunha festa de orixe moi antiga, posiblemente precristiá, claramente agraria e moi vencellada á fecundidade dos campos. hai quen di que era unha festividade céltica relacionada coa deidade da fertilidade Beltane. Todas as culturas do mundo teñen algunha evidencia de festexar este festexo dentro do ciclo anual de costumes.De feito o espertar da natureza era asociado co comezo do ano en moitas sociedades primitivas.Lembremos o mito grego de como naceron as estacións.

 

Botémoslle unha ollada aos rituais que se dan na nosa terra. Procura saber en que consisten os distintos costumes e onde se conservan a día de hoxe:

1-Alumear o pan. Tamén chamado lumepan


"Lume, lume, ven ó pan,

Deus che dea moito gran:

cada gran coma un bugallo,

cada pé coma un carballo". 


2-Colocación dos maios nas portas.


3-Os maios cónicos tradicionais: Ourense en Pontevedra ou Marín





4-As embarcacións de maio.


5-O maio humano.


6- A árbore de maio de Laza.



Os maios na literatura galega. Procura un dos textos que che invitamos a coñecer. A que tipo de maio cres que fai referencia? Por que?

O poema de Manuel Curros Enríquez

 


Ahí vén o maio

de frores cuberto...

puxéronse á porta

cantándome os nenos;

i os puchos furados

pra min estendendo,

pedíronme crocas

dos meus castiñeiros.

 

Pasai, rapaciños,

calados e quedos,

que o que é polo de hoxe

que darvos non teño.

Eu sónvo-lo probe

do pobo gallego:

¡Pra min non hai maio,

pra min sempre é inverno!...

 

Cando eu me atopare

de donos liberto

i o pan non me quiten

trabucos e préstemos,

e como os do abade

frorezan meus eidos,

chegado habrá estonces

o maio que eu quero.

 

¿Queredes castañas

dos meus castiñeiros?...

Cantádeme un maio

sin bruxas nin demos;

un maio sin segas,

usuras nin preitos,

sin quintas, nin portas,

nin foros, nin cregos.

 Curros Enríquez

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...

CONTIDOS DA PROBA DA TERCEIRA AVALIACIóN

A proba da 3ª avaliación versará sobre os seguintes contidos: Gramática: VERBOS IRREGULARES Haberá que conxugar (varios tempos) dos verbos que aparecen nas páx.265 a 272: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poñer, pór, poder, querer, saber, ser, ter e TRAER , VER / VIR   (ollo que non aparecen nestas páxinas do libro, pero si nos enlaces correpondentes) PRONOMES  PERSOAIS ATÓNOS  Seguimos traballando co uso dos pronomes átonos. Lembra estudar a colocación dos pronomes, cando usar TE/CHE e practicar como contraen para substituír con pronomes átonos o CD e o CI dunha oración.   OS DETERMINANTES: ARTIGOS, ADXECTIVOS E PRONOMES (NON PERSOAIS)  no libro de texto páxinas 140-141/ 158-159 Léxico e ortografía Na aula Grafías con B / V páxinas 99 e 119 do libro. Grafías con H ou sen ela páxina 139 do libro DECATARSE e 6 advertencias máis Literatura AS LETRAS GALEGAS DO 2026. BEGOÑA CAAMAÑO. Lingua e sociedade AS LINGUAS DO MUNDO: AS LINGUAS DA PENÍNSULA Tra...