Saltar ao contido principal

VERBOS IRREGULARES

 

Lembras como se conxugaban os verbos regulares en galego?

Os seus 3 modos, os 10 tempos, que tiñan tres conxugacións e tres persoas en singular e outras 3 en plural?

 Dos  verbos regulares só hai que memorizar ben os nomes dos tempos de cada modo, dado que sempre teñen a mesma raíz, e  as características modais-temporais, esas que aparecen en vermello nos seguintes cadros.



 

QUE HAI QUE SABER DOS VERBOS IRREGULARES:

 

1º-Os verbos irregulares presentan raíces ou lexemas diferentes, namentres que os verbos regulares teñen sempre a mesma raíz:

vou, ía, fun (verbo ir que é irregular)

 cant-o, cant-aba, cant-ou (verbo cant-ar, regular)

 

 

2º Os verbos irregulares son poucos, pero moi usados, uns 18.

CABER, DAR, DICIR, ESTAR, FACER, HABER, IR, PODER, POÑER,PóR,PRACER, QUERER,SABER,SER,TER,TRAER,VER, VIR

 

 3º Teñen un tempo máis que os regulares porque o seu Infinitivo conxugado é diferente do Futuro de subxuntivo:



Un truco para conxugar ben os verbos irregulares: 
Procurando a súa raíz de perfecto que se repetirá en catro tempos como podes ver no seguinte cadro. Proba a facelo con todos eles. 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS DA PROBA 3ª AVALICIACIÓN

 A proba da 3ª avalición versará sobre os seguintes contidos: Gramática: VERBOS IRREGULARES Haberá que conxugar (varios tempos) dos verbos que aparecen nas páx.265 a 272: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poñer, pór, poder, querer, saber, ser, ter e TRAER, VER/ VIR ollo que non aparecen nestas páxinas do libro pero si no seguinte enlace:  conxuga PRONOMES  PERSOAIS ATÓNOS   Seguimos traballando co uso dos pronomes átonos. Lembra estudar a colocación dos pronomes, cando usar TE/CHE e practicar como contraen para substituír con pronomes átonos o CD e o CI dunha oración.   Léxico e ortografía O CORPO HUMANO DECATARSE e 6 advertencias máis Literatura AS LETRAS GALEGAS DO 2025. Que lle debemos ás nosas pandeireteiras? Lingua e sociedade AS LINGUAS DO MUNDO: AS LINGUAS DA PENÍNSULA Tradición oral e expresión OS LOBISHOMES varios textos resumidos na aula que relatan que é un lobo da xente, ou un lobo da fada, tamén chamados lobishomes.  A nosa ...

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente