Saltar ao contido principal

O DÍA DAS LETRAS 2024: Luísa Villalta

 





Visualiza e le os 10  paneis da exposición no seguinte enlace e vai tomando notas na túa libreta para poder realizar unha biografía: vida e obra de Luísa Villalta:


A seguir repara en sete palabras para achegarmos a Luísa Villata: SETESTRELO






RITO DE RESISTENCIA. Selección de palabras e versos de Luísa Villalta para ler e pensar.

“Nacín enfronte de min mesma

cando a Pescadería era un leito de sereas”

 

“E falo tamén dos xardíns que organizan estratexias

para que a nena que aínda teño de chegar a ser

desconfíe dos lugares abertos

que non teñen saída...”

 

“faga o que faga algo me lembra sempre que son unha muller”

 

Mírame, mírate, mírame en ti

e escólleme para soñarte.

 

“destes nosos corpos, o único que somos”

 

“a inmensidade do espazo que temos para voar”

 

...O feminismo ten un campo de análise e actuación renovado na medida en que parte da súa mensaxe está a ser reutilizada como un novo meio de aclimatar unha nova feminidade, isto é, mudar o necesario para que nada mude”

 

“desta idade media burguesa que me separa do coñecimento e intenta dirixirme á trapela do bon gosto”.

 

“formalmente libres pero substancialmente impotentes até a exasperación”



“O estado de conciencia a que me refiro parte en min da interpretación musical (...) A melodía que soa no violino xorde dun acto continuo da vontade (...) Desta mesma vontade nace a palabra”.


ACTIVIDADES. 
1-  Logo da lectura dos paneis procura realizar unha biografía: Vida e obra sobre a autora para incorporar á libreta de clase. Podes usar os datos doutras biografías como a que fixo o Consello da Cultura Galega


 Despois podes reparar nun dos seus poemas musicados: 





Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...