Saltar ao contido principal

CONTIDOS DA 3ª AVALIACIÓN

A proba escrita será finalmente o venres 31 de maio. Reducirase aos seguintes contidos que esixen un traballo de estudo e un tempo de exercicios de práctica considerable previo a dita proba, non os deixes de facer para asegurar un bo resultado: 

UNIDADE  8

Ortografia: Do X e do dígrafo LL páx.160

Literatura: Os subxéneros narrativos: Diferenza entre conto, novela, mito e lenda. páx. 162-163.


UNIDADE 9

Gramática: Os pronomes no libro páx. 182-183-184

Repaso dos pronomes átonos que xa entraran na anterior avaliación (ver o final da entrada dos Contidos da Segunda 


UNIDADE 10 e 11

Gramática: O verbo páx. 204-205 e páx. 222-223, 224, 225 pero sobre todo no blog. Verbos irregulares. Haberá que conxugar (varios tempos) dos verbos que aparecen nas páx.265 a 272: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poñer, pór, poder, querer, saber, ser, ter e TRAER, VER/ VIR ollo que non aparecen nestas páxinas.


UNIDADES ESPECIAIS SÓ PRESENTES NO BLOG DA MATERIA

Este temas que aparecen no blog son para promover a elaboración propia dos alumnos/as a partir do que se visualiza e traballa na aula. Un traballo de escoita, comprensión lectora e de documentos audiovisuais, tendo sempre presente os comentarios do profesor e realizando logo un exercicio de resumo e composición persoal de cada alumno/a:   

DO DÍA DAS LETRAS  

Literatura:  Letras Galegas 2024. vida e obra de Luísa Villalta.


NO PAÍS DA MOURA

Tradición oral:  Que é unha moura? 

A FESTA DO MAIO EN GALICIA

Lingua e sociedade/ tradición oral: Distintos tipos de festexos e o maio de Curros Enríquez.


 PLAN LECTOR: Os vellos non deben namorarse de A.D.R. Castelao (próxima lectura na aula)


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...