Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta LITERATURA

Que debemos ver cando imos ao teatro?

  O xénero dos diálogos:  dramático ou teatral é un xénero literario moi peculiar.  Preséntase nun texto pensado para representar con diálogos de personaxes e acoutacións ou indicacións para poder levar a cabo a obra tal e como foi concibida polo autor/a.  O  xénero do conflito : Outro dos elementos claves é que no teatro imos ver un conflito en acción, unha especie de desacordo, de loita de ideas ou entre contrarios, de choque ou enfrontamento de formas de pensar e actuar que ben se poden resolver de xeito tráxico (mortes, finais tristes e terribles) ou ben r ematar de maneira feliz ou cómica  (alegrías, festa, celebracións).   ACTIVIDADES:   Formulemos unha primeira pregunta.   1- Mirando a ilustración que acompaña ao dítico co que se presenta a obra, cal cres que será o conflito que se plantea nesta representación?  A obra que ides ver representada pola Aula de Teatro do Sei San Narciso, titúlase:  FOBOS, unha viaxe baixo ...

DÍA DE ROSALíA DE CASTRO

 UNHA DUCIA DE MANEIRAS DE CELEBRAR O NACEMENTO DE ROSALÍA XAN  Xan vai coller leña ó monte, Xan vai a compoñer cestos, Xan vai a poda-las viñas, Xan vai a apaña-lo esterco, e leva o fol ó muíño,                               5 e trai o estrume ó cortello, e vai á fonte por augua, e vai a misa cos nenos, e fai o leito i o caldo... Xan, en fin, é un Xan compreto,          10 desos que a cada muller lle conviña un polo menos. Pero cando un busca un Xan, casi sempre atopa un Pedro. Pepa, a fertunada Pepa,                        15 muller do Xan que sabemos, mentras seu home traballa, ela lava os pés no rego, cátalle as pulgas ó gato, peitea os longos cabelos,                    20 bótalles millo ás galiñas, marmura co irmán do crego, mira si hai ovos no niño, bota un o...

UN TEXTO PARA UN DÍA DA NON VIOLENCIA

  Irmaus de  Celso Emilio Ferreiro Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos. Pero ti, que te alcontras alá lonxe, máis alá dos desertos e dos lagos, máis alá das sabanas e das illas, coma un irmáu che falo. Si é túa a miña noite, si choran os meus ollos o teu pranto, si os nosos berros son igoales, coma un irmau che falo. Anque as nosas palabras sean distintas, e ti negro i eu branco, si temos semellantes as feridas, coma un irmau che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, si os nosos soños son igoales, coma un irmau che falo. Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmau che falo.   Actividades: 1- Cal será o tema central deste poema?  2-  Identifica no texto os recursos literarios máis sinalados.

A NARRACIÓN: QUE DEBO SABER

  OS ELEMENTOS DA NARRACIÓN - O NARRADOR:  A voz ou voces da narración. Un ou varios puntos de vista que escolle o autor/a para contar os feitos. - A HISTORIA: Os feitos qu ese nos contan. - PERSONAXES: Principais (protagonistas e antagonistas que sofren transformacións ao longo da narración) e secundarios (que non alteran o seus trazos na narración) - ESPAZOS: Os lugares onde se sitúan os feitos -TEMPOS: Dous tempos sempre externo (en que época se sitúan os feitos) e interno ( canto duran eses feitos) - TIPOS DE DISCURSO: A forma na que se expresan os feitos (accións, descricións ou diálogos)  Apuntamentos:  A estrutura narrativa Os elementos da narración