Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta LINGUA E SOCIEDADE

A LINGUA DAS NOSAS AVOAS E DOS NOSOS AVÓS

  Analizamos os resultados das enquisas da árbore filolóxica da clase intentamos dar resposta ás dúas preguntas que nos faciamos. 1ª Cal é a razón de que o galego dende a época das nosas avoas/os a hoxe tivese un descenso tan considerable no número de falantes?                                         2ª Que podemos facer para frear esa situación herdada e inxusta?   Situacións que influíron no uso do galego desde o tempo das bisavoas e bisavós ata hoxe: 1900: O galego, LINGUA MILENARIA cumpre 1000 anos de uso. 1920- O GALEGUISMO: Reclamaba o galego como lingua oficial o que permitiría a súa introdución na administración e nas escolas. 1936- 1976- O FRANQUISMO: Declara oficial exclusivamente o castelán.  Nos 40 anos da Ditadura na escola, medios de comunicación e na administración só se pode usar o castelán. A represión, a acción dos medios de comunicación en castelán e...

UNIDADE 1/ O nome de Galicia e o galego entre as linguas do mundo.

  O NOME DA TERRA  Tras visualizar os vídeos responde as cuestións: 1- Cal é o obxectivo do micro programa "Ben falado"? 2- O galego vén do latín, o latín vén a ser a nai do galego, pero quen é a avoa da nosa lingua? 3- Quen lle puxo o nome de Gallaecia a Nosa Terra: 4- Dos sufixos latinas aic /aec = -ego naceu un sufixo moi galego. Cita tres palabras que o conteñan. 5- Por que cres que a montaxe que inclúe o primeiro dos vídeos denomínase "palabras milenarias"? Argumenta a resposta. 6- "Chover miudiño" e "ás cuncas" ou "a cachón" Que diferenza hai? 7- Cal é a etimoloxía de "Galicia" de Callaecia? 8- O galego forma parte do privilexiado 5% que significa isto? 9-En que continentes hai máis linguas? 10-Cantas linguas do mundo hai en Europa? 11-De quen depende a continuidade das nosas linguas?

AS LINGUAS DO MUNDO / AS LINGUAS DA PENÍNSULA

  Actividade: Observa as 4 diferenzas entre este mapa e o que trae o libro na páx. 86 sobre as lingua na península. Imos tomar boa nota destas diferenzas.  É O GALEGO UNHA LINGUA MINORITARIA?  A LUSOFONÍA: A relación do Galego e o Portugués:

UNIDADE 1: AS ÁRBORES FILOLÓXICAS DE 1º ESO

  Despois de analizar os resultados das enquisas da árbore filolóxica da clase intentamos dar resposta as preguntas que nos faciamos. Cal é a razón de que o galego dende a época das nosas avoas/os a hoxe tivese un descenso considerable no número de falantes?                                          Que podemos facer para frear esa situación herdada e inxusta? Situacións que influíron no uso do galego desde o tempo dos nosos bisavós e bisavoas: 1900: O galego, LINGUA MILENARIA cumpre 1000 anos de uso. 1920- O GALEGUISMO: Reclamaba o galego como lingua oficial o que permitiría a súa introdución na administración e nas escolas. 1936- 1976- O FRANQUISMO: Declara oficial exclusivamente o castelán. Nos 40 anos da Ditadura na escola, medios de comunicación e na administración só se pode usar o castelán. A represión, a acción dos medios de comunicación en castelán e a desruralizac...