Saltar ao contido principal

A LINGUA DAS NOSAS AVOAS E DOS NOSOS AVÓS

 



Analizamos os resultados das enquisas da árbore filolóxica da clase intentamos dar resposta ás dúas preguntas que nos faciamos.

1ª Cal é a razón de que o galego dende a época das nosas avoas/os a hoxe tivese un descenso tan considerable no número de falantes?                                        


2ª Que podemos facer para frear esa situación herdada e inxusta?



  Situacións que influíron no uso do galego desde o tempo das bisavoas e bisavós ata hoxe:

1900: O galego, LINGUA MILENARIA cumpre 1000 anos de uso.

1920- O GALEGUISMO: Reclamaba o galego como lingua oficial o que permitiría a súa introdución na administración e nas escolas.

1936- 1976- O FRANQUISMO: Declara oficial exclusivamente o castelán. 
Nos 40 anos da Ditadura na escola, medios de comunicación e na administración só se pode usar o castelán. A represión, a acción dos medios de comunicación en castelán e a desruralización de Galicia contribuíron á perda de falantes de galego de forma contundente.

1980-2019: COA VOLTA DA DEMOCRACIA converte ao galego en idioma cooficial en Galicia, comezan as emisiones da RTVG e a introdución do galego nas escolas.



Despois de analizar os resultados das enquisas da árbore filolóxica da clase intentamos dar resposta as preguntas que nos faciamos:

1ª/ Cal é a razón de que o galego dende a época dos nosos avós/as a hoxe tivese un descenso tan considerable no número de falantes?


1ª SOBRE AS RAZÓNS DA PERDA DE GALEGO FALANTES: 

Atopamos na aula inicialmente tres ou catro respostas posibles a esta cuestión tan complexa:

- A ditadura de Franco. Un goberno de 40 anos contrario á lingua galega. O medo e a represión que viviron especialmente as nosas avoas e avós e qu eherdaron os nosos pais e nais.

- O ser o castelán o único idioma oficial e das clases acomodadas, logo asociado ao éxito social e o galego ao idioma dos "pobres".

- O non nos falar os nosos pais/ nais en galego a nós a pesar de ter recuperado a Democracia e poder incorporarse á recuperación da nosa lingua.

- O feito de que haxa un ambiente pouco propicio (amigos/as, compañeiras e compañeiros de clase, etc) que só nos falen en castelán.


2ª QUE PODEMOS FACER PARA FREAR ESA SITUACIÓN HERDADA E INXUSTA?

Na aula atopamos as seguintes respostas:

- Coñecer a historia recente da nosa lingua e os motivos herdados polos que se produce esta situación negativa para o galego, as razóns das discriminacións e dos problemas recentes nos que vive o galego a día de hoxe.
- Comprometerse a transformar esta situación inxusta nunha nova realidade para a nosa lingua usándoa cada vez máis.  Recuperar o número de falantes que a nosa lingua tivo na época das nosas avoas e avós. non significa descoñecer o castelán, pero si falar máis galego. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...