Saltar ao contido principal

O PAXARO DA MORTE


O paxaro da morte é un dos moitos avisos ou agoiros que anuncia a morte das persoas, ben cantando ou ululando perto das casas dos que van morrer.

Como é invisible a xente considera a unha multitude de aves seren o verdadeiro paxaro da morte: a pega o corvo, a curuxa, o moucho, o voitre. Hai quen lle chama cabra do aire, porque os seus cantos semellan os meos da cabra, outros prefiren o nome de avelaiona, porque se laia estarrecedoramente.

Contan que quen a escoita moitas veces xa na súa vida pode chegar a dicir:

?Dende a miña casa, cando a escoito pola noite, dependendo a dirección que vaian os cantos sei en que zona da aldea vai morrer alguén, e se na mesma noite canta en máis dunha dirección, e que vai haber varios defuntos. Polo normal os seus cánticos son vellos, pero tamén hai veces que os seus cánticos son dunha ave nova, polo que entón o que vai morrer vai ser unha persoa nova.?

- Se avelaiona laia, prepara a mortalla!

AVELAÍÑAS

En Marín como en moitos outros lugares de Galicia, é sabido que as avelaíñas ou bolberetas da noite poden ser portadoras tamén de malas novas, especialmente se son escuras, se pola contra son claras as novas que debes esperar serán sempre boas.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...

CONTIDOS DA PROBA DA TERCEIRA AVALIACIóN

A proba da 3ª avaliación versará sobre os seguintes contidos: Gramática: VERBOS IRREGULARES Haberá que conxugar (varios tempos) dos verbos que aparecen nas páx.265 a 272: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poñer, pór, poder, querer, saber, ser, ter e TRAER , VER / VIR   (ollo que non aparecen nestas páxinas do libro, pero si nos enlaces correpondentes) PRONOMES  PERSOAIS ATÓNOS  Seguimos traballando co uso dos pronomes átonos. Lembra estudar a colocación dos pronomes, cando usar TE/CHE e practicar como contraen para substituír con pronomes átonos o CD e o CI dunha oración.   OS DETERMINANTES: ARTIGOS, ADXECTIVOS E PRONOMES (NON PERSOAIS)  no libro de texto páxinas 140-141/ 158-159 Léxico e ortografía Grafías con B / V páxinas 99 e 119 do libro. Grafías con H ou sen ela páxina 139 do libro DECATARSE e 6 advertencias máis Literatura AS LETRAS GALEGAS DO 2026. BEGOÑA CAAMAÑO. Lingua e sociedade AS LINGUAS DO MUNDO: AS LINGUAS DA PENÍNSULA Tradición o...