Saltar ao contido principal

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3

Gramática: Suxeito e predicado. páx. 56-57 do libro de texto

Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto

Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional?

O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal.

Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I)


UNIDADE 4

Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto.

Gramática: Os verbos regulares en galego

 As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto.

- OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:

                                  Eu fixen filloas para eles.

O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos:

Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas

Se preguntamos A ou PARA QUEN as fixen? Responderá o Complemento Indirecto: para eles.

Os pronomes persoais tónicos e átonos (I) polo blog.  

     a) Memorizar a táboa e as regras colocación dos pronomes átonos

     b) Sinalar  nun enunciado os pronomes persoais e as súas funcións. Fíxate no exemplo:

         Ela ensinoume un libro, pero logo non nolo deu.

       Ela: pronome persoal tónico Suxeito/ me: pronome persoal átono C. Indirecto /

       nos- pronomes persoais átonos  C. Indirecto contracto con -lo C. Directo.

      c) Susbtituír os complementos directos e os indirectos por pronomes átonos.  

      1º  Eu fixen  filloas para eles  (filloas: as C. Directo)   (para eles:  lles C. Indirecto)

          2º   lles+ as: llelas  (contraen  sempre o C. Indirecto diante do C. Directo)

              3º Rescribimos a oración cos pronomes contractos atendendo ás regras de colocación:

                  Eu fixenllelas

Comunicación, Lingua, literatura e sociedade: O día de Rosalía


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

CONTIDOS DA 1ª AVALIACIÓN

Unidade 0: A memoria de noso.  Lingua e Sociedade:  -  A nosa lingua ten nai e avoa: -   A lingua que nos fai orixinais - O dereito a ser diferente . (Metáfora do idioma) UNIDADE 1: O nome de Galicia e o galego entre as linguas do mundo Comunicación: libro da aula páx. 8  Gramática: As palabras no libro páx. 16.  Morfemas flexivos e derivativos, palabras derivadas e compostas. Parasíntese. páx.17 Clases de palabras. Das palabras ás frases:  As frases ou sintagmas no blog. Ortografía: Normas de acentuación páx. 15 Vocabulario: Os dicionarios páx. 14 Literatura: Literatura e funcións da literatura páx. 20-21 UNIDADE 2: Lingua e sociedade: A árbore filolóxica de 1º da ESO  Comunicación: Comunicación oral e escrita no libro páx. 28 Gramática: O Substantivo. Xénero e número no blog e/ou no libro páx. 100-101 Vocabulario: O alfabeto galego e a orde alfabética páx. 34 Ortografía: Acentuación Ditongos, tritongos e hiatos páx. 35  Acentos diacrí...