Saltar ao contido principal

O CICLO DAS TRECE LÚAS



NADAL DE LUÍNTRA

 Cara Belén camiña unha Niña ocupada

fermosa canda ela San Xosé a acompaña.

 

Chegaron a Belén e pediron pousada,

responderon desde dentro con voz alborotada

-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?

-Somos Xosé e María que pedimos pousada

- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.

- Cartos non traerei máis que real de prata

-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.

 

San Xosé se apenaba, María o consolaba.

Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,

que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?



O CICLO DAS TRECE LÚAS

Na tradición oral no tempo que imos entrar estes días, os do solsticio de inverno é denominado tamén o das trece lúas. Por que? 

- Por  que son trece os días do ano nos que as noites son máis longas e vemos por máis tempo á lúa.

- Por que se celebra o Nadal que son tamén trece lúas ou noites as que van desde o 24 de decembro  ata o 6 de xaneiro, da Noiteboa a de Reis. 

-  Por que tamén son trece os meses lunares que se agochan nun ciclo anual do sol de 365 días e case 6 horas.

- Por que podemos nomear polo menos trece tipos de costumes  que se producen nestas datas na tradición oral galega: 

As trece lúas conforman o ciclo de Nadal que arredor do Solsticio de Inverno e as súas vellas tradicións fusionadas co Cristianismo viven na tradición de Galicia.

Hoxe celebramos as festas do nacemento de Xesús, a Luz e a Vida, os primeiros cristiáns fixéronas coincidir co Solsticio de inverno.

 

O SOL E A LÚA E O NADAL

O ano solar de 365 días (a non ser o bisexto de 366) e o ano lunar 354 días (logo o ano solar son case 13 ciclos da lúa) non coinciden.

Da noite de Nadal (24 decembro) á de Reis (6 de xaneiro) van 13 lúas tamén.

Os deuses do sol no Mediterráneo (como o exipcio Horus ou grego Helios, tamén romanos, hindús, tibetanos…) celebrados no solsticio de inverno como Xesús Cristo.

 


CELEBRACIÓNS DE GALICIA NAS TRECE LÚAS

24 Nadal:  Nacementos e Noiteboa

Tizón de Nadal

Bacallau e pan de noces

Roldas de paxoliñas, vilancicos e a misa do galo.

Nadais e aguinaldos.



28 de decembro: Santos Inocentes, cornos e outras trasnadas.

31 de decembro: Noitevella.

Lumeiras e o Apalpador.

Aninovos e Manueles.

A Noite de Reis do 5 de xaneiro.

Cantos e Danzas de Reis (Fin do mundo,

Reixes do Cebreiro… precedentes do Entroido)


Pero de onde saíron logo a arboriña de Nadal e Papá Noel?

Unha panxoliña de Neda para cantar todas e todos: 


Os tres Reis Magos veñen a Marín

traen agasallos para ti e pra min.

Desde Cantodarea

á praia de Mogor,

haiche moita xente

esperan ó Apalpador.


Hoxe imos cantar os nenos do SEI

unha panxoliña para os treis reis

con mazapáns, polvoróns e turróns

celebramos con moita xente 

 que chega o Apalpador



   

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...