Saltar ao contido principal

Eu son Balbino

  

LECTURA: Eu son Balbino  

MEMORIAS DUN NENO LABREGO de Xosé Neira Vilas

Lemos e consultamos as dúbidas do vocabulario.

MEMORIAS DUN NENO LABREGO (Léxico)

EU SON

(Ser) un ninguén: Ser unha persoa pouco importante, sen importancia.

Non hai quen lle tusa: Que se lle ten respecto.

Alancar : Dar pasos grandes

Brocha: Chatola.

restrebar ou xuntar monllos: volver a labrar unha leira, un atado de herba ou semellantes

moxardos: moscas, tabáns.

muíños apeados: muíños parados (por encherse de auga)

espeteiras:  táboa con espetos ou garfos para colgar, colgadoiros.

Murnas: mancha na pel por efecto de achegarse ao lume.

 fridas : feridas.

Gurrucho: grolo

 Broa: pan de millo

Diferenza entre estar e ser (somos tristes)

os trafegos da terra aniñados nos ollos: Ter os labores do agro sempre na cabeza.

Cortizo:  nunha colmea

 Quedo desatafegado (sen tarefas), libre, coma se me quitasen de enriba un bocoi ( un gran peso).

Todos abren o peteiro (boca) para dicir a verdade ou para arredarse (separarse) de la.

Adoezo: estar falto ou desexoso de algo.

Tripando uns nos outros: pisar con forza

Baldeirar o corazón: baleirar, verter, contar o que sente.


RESUMO. A historia: 

O primeiro dos capítulos é a presentación do personaxe principal, Balbino, que se define como alguén sen importancia e pobre en oposición a outro personaxe, Manolito, ao que se repecta. É un neno de aldea fronte aos da vila. Está desexoso de ver mundo porque a aldea lle queda pequena e vese triste como os seus semellantes, tamén de escribir un libro. Finalmente dinos que escribe as súas reflexións sobre o mundo que adoece por entender e que a ninguén conta pois pensa que igual está algo tolo. Escribe para envorcar os seus sentimentos cada noite e liberarse desa pobreza que o abafa.

 

 O narrador interno que nos fala e o protagonista, é o personaxe principal, aínda que retrata tamén aos que son coma el de aldea. Outros personaxes con certos trazos de antagonistas: son Manolito (ao que se lle respecta) e os nenos da vila (distintos dos da aldea). Cítase a un tal Landeiro do que se di que lle deu un libro escrito por Smith. 

O espazo ao que fai referencia é unha aldea galega, aínda que fala en concreto dende unha casa, a de Landeiro,  próxima na que agora vive e escribe, e que xa non está na aldea onde vivía antes.  

Os tempos parte dunha retrospección, unha mirada atrás ao realizar unha reflexión sobre a súa curta vida no verán e no inverno na aldea, unha revisión do seu pasado inmediato. Dá a impresión dun tempo interno dunha secuencia reducida de varios anos da súa infancia na aldea na casa onde naceu e criou. O tempo externo: Os anos 40.

Logo lembra todo relato vai ter sempre dous tempos:

1º- O tempo interno que é o tempo que dura o feito que se conta. Canto tempo transcorre?

O tempo externo que a época á que se refire: O presente, o pasado ou o futuro, é dicir,  cando se produce ese feito?   


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...