A proba da 3ª avaliación versará sobre os seguintes contidos:
Gramática:
VERBOS IRREGULARES Haberá que conxugar (varios tempos) dos verbos que aparecen nas páx.265 a 272: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poñer, pór, poder, querer, saber, ser, ter e TRAER, VER/ VIR (ollo que non aparecen nestas páxinas do libro, pero si nos enlaces correpondentes)
PRONOMES PERSOAIS ATÓNOS Seguimos traballando co uso dos pronomes átonos. Lembra estudar a colocación dos pronomes, cando usar TE/CHE e practicar como contraen para substituír con pronomes átonos o CD e o CI dunha oración.
OS DETERMINANTES: ARTIGOS, ADXECTIVOS E PRONOMES (NON PERSOAIS) no libro de texto páxinas 140-141/ 158-159
Léxico e ortografía
Grafías con B / V páxinas 99 e 119 do libro.
Grafías con H ou sen ela páxina 139 do libro
DECATARSE e 6 advertencias máis
Literatura
AS LETRAS GALEGAS DO 2026. BEGOÑA CAAMAÑO.
Lingua e sociedade
AS LINGUAS DO MUNDO: AS LINGUAS DA PENÍNSULA
Tradición oral e expresión
OS LOBISHOMES varios textos resumidos na aula que relatan que é un lobo da xente, ou un lobo da fada, tamén chamados lobishomes. A nosa tradición oral explica como se pode chegar a converter nun lobo unha persoa, que é a fada, canto pode durar un feitizo, varias formas de librarse da fada. Repásao na túa libreta ou nos textos do blog.
A FESTA DO MAIO EN GALICIA. Tipos de celebración da festa do maio en Galicia
Plan lector: Faremos unha proba do plan lector, rematada a 3ª lectura do curso.
Leremos na aula o libro OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE de A.D-R. Castelao. Faremos unha proba de comprensión lectora desta lectura despois da proba escrita do 28 de maio.
Comentarios