Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2026

CLUB DE LECTURA de 1º DA ESO

Como se chaman as distintas partes do noso corpo?

Como se chaman as distintas partes do noso corpo?  Realiza un debuxo na tú alibreta e vaille poñendo os números como na ilustración e logo nunha listaxe feita debaixo do debuxo vai poñendo a carón dos números os nomes en galego das distintas partes do noso corpo.    Cando remates o exercicio podes atopar máis na seguinte entrada  

UNIDADE 0: A diversidade lingüística fainos humanos

Tres reflexións antes da nosa avaliación inicial A DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA FAINOS HUMANOS A LINGUA QUE  NOS FAI ORIXINAIS O DEREITO A SER DIFERENTE

NO CAMIÑO, A EMPATÍA (Unidade 0 - Curso 2026/27)

                                     Cadea humana no Grove 12-XI-2012 ( Foto Vitor Mejuto) Que che suxire esta fotografía?  Que están facendo? Quen a protagoniza? Que expresan para ti?  A ver se acertas que pode simbolizar. Algunha vez te preguntaches por que vivimos en sociedade? Por que o ser humano non pode vivir aillado e de costas ao outro? Cal é a clave para vivir en colectivo?  A resposta está na identidade .        Nesa procura do eu que comeza mesmo ao nacer, hai un camiño constante que nos vai descubrindo o mundo aos poucos, un mundo tan complexo e diverso que sempre haberá alguén alleo ao que achegarnos. Nese camiñar , por forza, caemos na conta de que a diversidade nos fai humanos e deste xeito axiña pasamos de estar na Casa a construír na paisaxe a nosa Terra, en base a nosa lingua, cultura e historia, unha personalidade na que o orixinal do nós...