Saltar ao contido principal

DÍA DE ROSALíA DE CASTRO



 UNHA DUCIA DE MANEIRAS DE CELEBRAR O NACEMENTO DE ROSALÍA


XAN 

Xan vai coller leña ó monte,

Xan vai a compoñer cestos,

Xan vai a poda-las viñas,

Xan vai a apaña-lo esterco,

e leva o fol ó muíño,                               5

e trai o estrume ó cortello,

e vai á fonte por augua,

e vai a misa cos nenos,

e fai o leito i o caldo...

Xan, en fin, é un Xan compreto,          10

desos que a cada muller

lle conviña un polo menos.

Pero cando un busca un Xan,

casi sempre atopa un Pedro.


Pepa, a fertunada Pepa,                        15

muller do Xan que sabemos,

mentras seu home traballa,

ela lava os pés no rego,

cátalle as pulgas ó gato,

peitea os longos cabelos,                    20

bótalles millo ás galiñas,

marmura co irmán do crego,

mira si hai ovos no niño,

bota un ollo ós mazanceiros,

e lambe a nata do leite,                        25

e si pode bota un neto

ca comadre, que agachado

traillo en baixo do mantelo.

E cando Xan pola noite

chega cansado e famento,                   30

ela xa o espera antre as mantas,

e ó velo entrar dille quedo:


—Por Dios non barulles moito...

que me estou mesmo morrendo.

—¿Pois que tes, ña mulleriña?              35

—¿Que hei de ter? Deita eses nenos,

que esta madre roe en min

cal roe un can nun codelo,

i ó cabo ha de dar comigo

nos terrós do simiterio...                        40

—Pois, ña Pepa, toma un trago

de resolio que aquí teño,

e durme, ña mulleriña,

mentras os meniños deito.


De bágoas se enchen os ollos,                 45

de Xan ó ver tales feitos;

mas non temás, que antre mil,

n' hai máis que un anxo antre os demos;

n' hai máis que un atormentado

antre mil que dan tormentos.                    50


Rosalía de Castro do libro Follas Novas




ACTIVIDADES DE COMUNICACIÓN, LITERATURA, LINGUA E SOCIEDADE

1ª Que cres que nos quere dicir Rosalía con este poema?

Denuncia ou expresa un sentimento de crítica ante a desigualdade entre homes e mulleres utilizando a ironía. Rosalía describe unha situación totalmente contraria á que se daba en realidade na súa época entre homes e mulleres. Por iso é considerada unha poeta claramente protofeminista. 

Repara no que consiste este recurso da ironía: Expresar ou dar a entender o contrario do que se di expresamente (normalmente se axuda coa entoación). Por exemplo queres indicar dunha persoa que non é nada intelixente e dis cunha entoación esaxerada: Que listo é!!!


2ª Imos falar un pouco doutros recursos que utiliza Rosalía neste poema para reforar a ironía.

Busca no poema os seguintes recursos:

Semánticos (que procura expresar o contido e intencón ou ton do texto)

Metáfora (identificación de dous conceptos)

Antítese (contraposición)

Hipérbole (esaxeración)

Enunciación (acumulación de accións ou substantivos)

Símil (comparación)

Metonimia (unha parte polo todo)


 Recursos gramaticais ou formais que provocan ritmo):

Paralelismo (repetir a estrutura dun verso)

Anáfora (repeticion duha ou máis palabras)

Polisíndeton (moitas conxuncións)

3º Finalmente imos poñer en relación a intención ou o tema do poemas cos recursos e contexto social e literario de Rosalía:

Está moi claro que a intención de Rosalía neste poema é a de realizar unha crítica sutil ao machismo e as desigualdades da época a través deste texto irónico.  Fálanos dun home bo, Xan, que como ela di "deses que a cada muller lle conviña un polo menos. Pero cando un busca un Xan, casi sempre atopa un Pedro. Subliña así o seu interese especial pola muller como suxeito protagonista de muitos dos seus poemas.  Ademais deixa na última estrofa un certo sabor amargo relacionado coa denuncia da violencia de xénero ao lembrar que "anxo atormentado" hai un, pero lamentablemente son mil "os demos que dan tormentos". Convértese deste xeito Rosalía nunha defensora da igualdade, é dicir, un referente mesmo  na actualidade da loita feminista. 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

CONTIDOS DA 1ª AVALIACIÓN

Unidade 0: A memoria de noso.  Lingua e Sociedade:  -  A nosa lingua ten nai e avoa: -   A lingua que nos fai orixinais - O dereito a ser diferente . (Metáfora do idioma) UNIDADE 1: O nome de Galicia e o galego entre as linguas do mundo Comunicación: libro da aula páx. 8  Gramática: As palabras no libro páx. 16.  Morfemas flexivos e derivativos, palabras derivadas e compostas. Parasíntese. páx.17 Clases de palabras. Das palabras ás frases:  As frases ou sintagmas no blog. Ortografía: Normas de acentuación páx. 15 Vocabulario: Os dicionarios páx. 14 Literatura: Literatura e funcións da literatura páx. 20-21 UNIDADE 2: Lingua e sociedade: A árbore filolóxica de 1º da ESO  Comunicación: Comunicación oral e escrita no libro páx. 28 Gramática: O Substantivo. Xénero e número no blog e/ou no libro páx. 100-101 Vocabulario: O alfabeto galego e a orde alfabética páx. 34 Ortografía: Acentuación Ditongos, tritongos e hiatos páx. 35  Acentos diacrí...