Saltar ao contido principal

CONTIDOS DA PROBA 3ª AVALICIACIÓN

 A proba da 3ª avalición versará sobre os seguintes contidos:

Gramática:

VERBOS IRREGULARES Haberá que conxugar (varios tempos) dos verbos que aparecen nas páx.265 a 272: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poñer, pór, poder, querer, saber, ser, ter e TRAER, VER/ VIR ollo que non aparecen nestas páxinas do libro pero si no seguinte enlace:  conxuga

PRONOMES  PERSOAIS ATÓNOS  Seguimos traballando co uso dos pronomes átonos. Lembra estudar a colocación dos pronomes, cando usar TE/CHE e practicar como contraen para substituír con pronomes átonos o CD e o CI dunha oración.  

Léxico e ortografía

O CORPO HUMANO

DECATARSE e 6 advertencias máis

Literatura

AS LETRAS GALEGAS DO 2025. Que lle debemos ás nosas pandeireteiras?



Lingua e sociedade

AS LINGUAS DO MUNDO: AS LINGUAS DA PENÍNSULA

Tradición oral e expresión

OS LOBISHOMES varios textos resumidos na aula que relatan que é un lobo da xente, ou un lobo da fada, tamén chamados lobishomes.  A nosa tradición oral explica como se pode chegar a converter nun lobo unha persoa, que é a fada, canto pode durar un feitizo, varias formas de librarse da fada. Repásao na túa libreta ou no stextos do blog.  

A FESTA DO MAIO EN GALICIA


Plan lector:

 Leremos na aula o libro OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE de A.D-R. Castelao. Faremos probas de comprensión lectora desta lectura. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...

CONTIDOS DA PROBA DA TERCEIRA AVALIACIóN

A proba da 3ª avaliación versará sobre os seguintes contidos: Gramática: VERBOS IRREGULARES Haberá que conxugar (varios tempos) dos verbos que aparecen nas páx.265 a 272: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poñer, pór, poder, querer, saber, ser, ter e TRAER , VER / VIR   (ollo que non aparecen nestas páxinas do libro, pero si nos enlaces correpondentes) PRONOMES  PERSOAIS ATÓNOS  Seguimos traballando co uso dos pronomes átonos. Lembra estudar a colocación dos pronomes, cando usar TE/CHE e practicar como contraen para substituír con pronomes átonos o CD e o CI dunha oración.   OS DETERMINANTES: ARTIGOS, ADXECTIVOS E PRONOMES (NON PERSOAIS)  no libro de texto páxinas 140-141/ 158-159 Léxico e ortografía Grafías con B / V páxinas 99 e 119 do libro. Grafías con H ou sen ela páxina 139 do libro DECATARSE e 6 advertencias máis Literatura AS LETRAS GALEGAS DO 2026. BEGOÑA CAAMAÑO. Lingua e sociedade AS LINGUAS DO MUNDO: AS LINGUAS DA PENÍNSULA Tradición o...