A NARRATIVA
Aínda que antigamente a épica narraba feitos e fazañas en verso, axiña se foi impoñendo a prosa para narrar sucesos reais ou ficticios.
Unha novela é unha obra escrita en prosa que narra feitos cuxa verosimilutude responderá á categoría que escolla a persoa que a escriba, acontecementos (normalmente ficticios) que lle ocorren a personaxes nun espazo e tempo determinado, respondendo a unha estrutura interna que organiza a persoa que a escribe (autora/ autor).
TIPOS E NOVELA
Segundo narren sucesos dunha categoría ou doutra podemos poñerlle un adxectivo á novela e falar de distintos tipos de novelas: históricas, policíacas, románticas, científicas, fastásticas, de aventuras, de ciencia ficción, etc...
A VOZ NARRADORA
A voz narradora pode responder a unha voz interna dunha personaxe protagonista se está en 1ª persoa ou unha voz narradora externa omnisciente (que coñece todos os detalles, mesmo o que pensa calquera personaxe) se está en 3ª persoa.
Pode, outras veces, escoller entre unha voz narradora testemuña interna (se non é protagonista da acción, pero narra en 1ª persoa) ou unha voz obxectiva externa (se narra en terceira persoa, pero só conta o que se observa, sen entrar nos pensamentos dos personaxes).
ESPAZOS
Toda narración precisa que suceda nalgures. Un espazo ou varios lugares, localizacións nas que vai transcorrendo a historia que se conta.
TEMPOS
Toda narración ten dous tempos. O tempo externo é en que época se sitúan os acontecementos que se narran. O outro é o tempo interno que responde a canto duran os feitos que se contan.
Comentarios