Saltar ao contido principal

PLAN LECTOR 2º TRIMESTRE: O LOBISHOME DE CANDEÁN, de Paula Carballeira

Portada do libro e a autora do mesmo.

Que é un lobishome ou un licántropo? A etimoloxía (a orixe das palabras) de licántropo suma dúas palabras gregas Licos: lobo + antropos: home. Logo un lobishome, que é a palabra galega será un ser humano que se converte en lobo. 

Hai na tradicion oral galega moitas historias que nos falan dos lobos e dos lobishomes, imos ver varias nestes días namentres ides lendo na casa este libro  de Paula Carballeira e ides facendo os resumos de cada capítulo manuscritos para entregalos no día da proba de lectura que será o próximo día 15 de abril.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS DA PROBA 3ª AVALICIACIÓN

 A proba da 3ª avalición versará sobre os seguintes contidos: Gramática: VERBOS IRREGULARES Haberá que conxugar (varios tempos) dos verbos que aparecen nas páx.265 a 272: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poñer, pór, poder, querer, saber, ser, ter e TRAER, VER/ VIR ollo que non aparecen nestas páxinas do libro pero si no seguinte enlace:  conxuga PRONOMES  PERSOAIS ATÓNOS   Seguimos traballando co uso dos pronomes átonos. Lembra estudar a colocación dos pronomes, cando usar TE/CHE e practicar como contraen para substituír con pronomes átonos o CD e o CI dunha oración.   Léxico e ortografía O CORPO HUMANO DECATARSE e 6 advertencias máis Literatura AS LETRAS GALEGAS DO 2025. Que lle debemos ás nosas pandeireteiras? Lingua e sociedade AS LINGUAS DO MUNDO: AS LINGUAS DA PENÍNSULA Tradición oral e expresión OS LOBISHOMES varios textos resumidos na aula que relatan que é un lobo da xente, ou un lobo da fada, tamén chamados lobishomes.  A nosa ...

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente