Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2024

RECUPERAR EN XUÑO

 Os contidos a recuperar en xuño por cada avaliación están detallados  nos seguintes enlaces: CONTIDOS DA 3ª AVALIACIÓN CONTIDOS DA 2ª AVALIACIÓN CONTIDOS DA 1ª AVALIACIÓN. Os contidos a avaliar desta primeira serán os catro enunciados que seguen: - Acentuación e acentos diacríticos no libro páx.15, 35 e  55 - Tipos de palabras. Derivación e composición. páx. 16 e 17 - Literatura culta e popular no libro páx. 40 - As frases seguindo o blog. simples e complexas   SOBRE O PLAN LECTOR: Para aprobar a materia deben terse realizado as probas de comprensión lectora das tres lecturas obrigadas do curso: - Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas - O lobishome de Candeán de Paula Carballeira - Os vellos non deben namorarse de A.D.R. Castelao

PLAN LECTOR: OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE

  A terceira lectura do curso é un texto dramático de A. D. R. Castelao, Os vellos non deben namorarse. Ímola realizar na aula e logo, cando rematemos a lectura,  faremos a proba de comprensión como corresponde e por escrito polo que debemos poñer moita atención a este proceso que será distinto ao que seguimos coas anteriores lecturas. Podes, iso si, ir realizando os teus resumos lance a lance segundo vaiamos lendo.    Castealo o autor preparando as máscaras dos personaxes da súa obra estreada en Bos Aires, Arxentina.