Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2025

AS TRECE LÚAS

Que é o ciclo das TRECE  LÚAS? En galicia celebramos  o Nadal no ciclo das 13 lúas (período de noites máis longas do ano ou de solsticio de inverno que vai do 24 de decembro ao día 6 de xaneiro) Son noites nas que os cantos polas parroquias de vilancicos, panxoliñas, manueles ou cantigas de Nadal era unha fórmula tradicional de celebrar este tempo do inverno asociado desde hai séculos ao nacemento de Cristo (antes era o Día do Sol por exemplo para os romanos).  Hai personaxes populares como o Apalpador que traen agasallos humildes como un puñado de castañas nas zonas da montaña.  Existen lugares de Galicia que tamén se celebran danzas específicas e mesmo os Reis xa son unha especie de comparsa con máscaras como no Cebreiro preámbulo claro do Entroido.  

PLAN LECTOR: MEMORIAS DUN NENO LABREGO

  Para rematar este primeiro trimestre imos realizar a lectura dun clásico da literatura galega contemporánea, un libro de Xosé Neira Vilas titulado Memorias dun neno labrego Unha semana despois das vacacións faremos a proba de lectura desta obra. 

ANIMALIÑOS

  Os mil e un nomes dos bechos  ACTIVIDADES:  1- Paxaros e peixes, mamíferos e herbívoros, insectos e réptiles da nosa fauna.  Enumera en feminino e masculino o nomes de 50 animais: 25 domésticos e outros tantos salvaxes.  2- Identifica  logo na túa listaxe e clasíficaos segundo pertenzan ás categorías seguintes: Paxaros: Peixes: Moluscos: Insectos: Réptiles:  Herbívoros: Carnívoros:  Omnívoros: 3- En que categoría colocarías aos morcegos, aos caracois, ás limachas ou lesmas e aos vagalumes ou lucecús?  Son invertebrados, pero serán insectos ou vermes?  E as bolboretas en que categoría as colocamos?