Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

DÍA DE DEFUNTOS

Non todo vai ser Hallowen, nós celebramos DEFUNTOS   Que actividades realizan as familias nos días de Todos os Santos?  Que tradicións propias do Día de Defuntos fan ou facían nas nosas casas os nosos avos e avoas? Cal era o motivo destes costumes que se fan ou facían?  Conservámolos vivos a día de hoxe?  Pregunta aos teus maiores na túa casa!

AS ÁRBORES FILOLÓXICAS DE 1º ESO

  Despois de analizar os resultados das enquisas da árbore filolóxica da clase intentamos dar resposta as preguntas que nos faciamos. Cal é a razón de que o galego dende a época das nosas avoas/os a hoxe tivese un descenso considerable no número de falantes?                                          Que podemos facer para frear esa situación herdada e inxusta? Situacións que influíron no uso do galego desde o tempo dos nosos bisavós e bisavoas: 1900: O galego, LINGUA MILENARIA cumpre 1000 anos de uso. 1920- O GALEGUISMO: Reclamaba o galego como lingua oficial o que permitiría a súa introdución na administración e nas escolas. 1936- 1976- O FRANQUISMO: Declara oficial exclusivamente o castelán. Nos 40 anos da Ditadura na escola, medios de comunicación e na administración só se pode usar o castelán. A represión, a acción dos medios de comunicación en castelán e a desruralización de Galicia contribuíron á perda de falantes de galego de forma drástica. 1980-2019: COA VOL

DAS PALABRAS ÁS FRASES (I): As clases de palabras.

  Podes consultar no seguinte enlace como distinguir as distintas  CLASES DE PALABRAS . No libro aparecen na páxina 16. Actividades: 1- Localiza no texto de máis abaixo as seguintes clases de palabras. (no caso de dúbida podes consultar no dicionario da RAG ) Substantivo, adxectivos, determinantes, pronomes, verbos, adverbios, preposicións e conxuncións.  Analizando as palabras podemos observar que hai diferenzas entre elas polo seu significado ( nomean entidades, accións, calidades...) pola súa forma (son variables ou invariables) e pola súa función no enunciado. Esas diferenzas son a base para establecer distintas clases de palabras. Iremos afondando ao longo do curso en cada unha delas. Agora o máis importante é identificalas nun texto como este.