Que é un Romance? Unha das composicións da tradición oral en verso máis sinalada por ser antiga e de contido narrativo pois conta unha historia con personaxes e espazo, mesmo un tempo determinado aínda que poida ser impreciso. Traemos como exemplo un dos romances máis antigo que se coñece, O romance de Don Gaiferos de Mormaltán. É unha peza que se chegou aos nosos días grazas a un traballo moi singular de Faustino Santalices (terceiro na fotografía que encabeza a entrada), un avó que nos deixou a súa voz. El preocupouse polas cantigas de cego que acompañaban a estes dende tempos remotos á hora de pedir esmola, recuperando tamén un instrumento con que adoitaban acompañarse: a zanfona. Versión interpretada por Amancio Prada a partir da peza recollida por Faustino Santalices no ano 1945: A letra do romance: Está é a letra que a tradición oral conservou e que Faustino Santalices gravou en 1945: Onde vai aquil romeiro, meu romeiro a onde irá? camiño de Compost...