Saltar ao contido principal

A TRADICIÓN ORAL (I): OS ROMANCES

 

Que é un Romance?  Unha das composicións da tradición oral en verso máis sinalada por ser antiga e de contido narrativo pois conta unha historia con personaxes e espazo, mesmo un tempo determinado aínda que poida ser impreciso.

Traemos como exemplo un dos romances máis antigo que se coñece, O romance de Don Gaiferos de Mormaltán. É unha peza que se chegou aos nosos días grazas a un traballo moi singular de Faustino Santalices (terceiro na fotografía que encabeza a entrada), un avó que nos deixou a súa voz. El preocupouse polas cantigas de cego que acompañaban a estes dende tempos remotos á hora de pedir esmola, recuperando tamén un instrumento con que adoitaban acompañarse: a zanfona.

Versión interpretada por Amancio Prada a partir da peza recollida por Faustino Santalices no ano 1945:

 A letra do romance: 

Está é a letra que a tradición oral conservou e que Faustino Santalices gravou en 1945:

 

Onde vai aquil romeiro,

meu romeiro a onde irá?

camiño de Compostela,

non sei se alí chegará.

 

Os pés leva cheos de sangue,

xa non pode máis andar.

Malpocado, pobre vello,

non sei se alí chegará.

 

Ten longas e brancas barbas,

ollos de doce mirar.

Ollos gazos, leonados,

verdes coma a auga do mar.

 

E a onde ides, meu romeiro?

Onde queredes chegar?

Camiño de Compostela,

onde teño o meu fogar

 

Compostela é miña terra,

deixeina sete anos hai.

Reluciente en sete soles,

brillante como un altar.

 

Cóllase a min, meu velliño,

vamos xuntos camiñar.

Eu son trobeiro das trobas

da Virxen de Bonaval.  

 

I eu chámome Don Gaiferos,

Gaiferos de Mormaltán.

Se agora non teño forzas

meu Santiago mas dará.

 

Chegaron a Compostela

e foron á Catedral.

Ai, desta maneira falou

Gaiferos de Mormaltán.

 

Gracias, meu señor Santiago,

aos vosos pés me tes xa.

Si queres tirarme a vida

pódesma señor tirar,

porque morrerei contento

nesta santa catedral.

 

E o vello das brancas barbas

caiu tendido no chan,

pechou os seus ollos verdes,

verdes como a auga do mar.

 

O obispo que esto viu

alí o mandou enterrar.

E así morreu, meus señores,

Gaiferos de Mormaltán.

 

Iste é un dos moitos milagres

que Santiago Apostol fai.

 

Aquí deixamos outra versión máis moderna do tema:

Cuestións:

1- Resume o argumento do texto.

2- Analiza a estrutura do romance para podelo definir.

3- Investiga se o caso que se conta foi certo. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

CONTIDOS DA 1ª AVALIACIÓN

Unidade 0: A memoria de noso.  Lingua e Sociedade:  -  A nosa lingua ten nai e avoa: -   A lingua que nos fai orixinais - O dereito a ser diferente . (Metáfora do idioma) UNIDADE 1: O nome de Galicia e o galego entre as linguas do mundo Comunicación: libro da aula páx. 8  Gramática: As palabras no libro páx. 16.  Morfemas flexivos e derivativos, palabras derivadas e compostas. Parasíntese. páx.17 Clases de palabras. Das palabras ás frases:  As frases ou sintagmas no blog. Ortografía: Normas de acentuación páx. 15 Vocabulario: Os dicionarios páx. 14 Literatura: Literatura e funcións da literatura páx. 20-21 UNIDADE 2: Lingua e sociedade: A árbore filolóxica de 1º da ESO  Comunicación: Comunicación oral e escrita no libro páx. 28 Gramática: O Substantivo. Xénero e número no blog e/ou no libro páx. 100-101 Vocabulario: O alfabeto galego e a orde alfabética páx. 34 Ortografía: Acentuación Ditongos, tritongos e hiatos páx. 35  Acentos diacrí...