Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2024

O CICLO DAS TRECE LÚAS

NADAL DE LUÍNTRA  Cara Belén camiña unha Niña ocupada fermosa canda ela San Xosé a acompaña.   Chegaron a Belén e pediron pousada, responderon desde dentro con voz alborotada -Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama? -Somos Xosé e María que pedimos pousada - Se traen cartos que entren e se non que se vaian. - Cartos non traerei máis que real de prata -Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.   San Xosé se apenaba, María o consolaba. Non te apenes Xosé, non te apenes por nada, que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña? O CICLO DAS TRECE LÚAS Na tradición oral no tempo que imos entrar estes días, os do solsticio de inverno é denominado tamén o das trece lúas. Por que?  - Por   que son trece os días do ano nos que as noites son máis longas e vemos por máis tempo á lúa. - Por que se celebra o Nadal que son tamén trece lúas ou noites as que van desde o 24 de decembro  ata o 6 de xaneiro, da Noiteboa a de Reis.  -...

Eu son Balbino

   LECTURA: Eu son Balbino    MEMORIAS DUN NENO LABREGO de Xosé Neira Vilas Lemos e consultamos as dúbidas do vocabulario. MEMORIAS DUN NENO LABREGO (Léxico) EU SON (Ser) un ninguén: Ser unha persoa pouco importante, sen importancia. Non hai quen lle tusa: Que se lle ten respecto. Alancar : Dar pasos grandes Brocha: Chatola. restrebar ou xuntar monllos: volver a labrar unha leira, un atado de herba ou semellantes moxardos: moscas, tabáns. muíños apeados: muíños parados (por encherse de auga) espeteiras:  táboa con espetos ou garfos para colgar, colgadoiros. Murnas: mancha na pel por efecto de achegarse ao lume.   fridas : feridas. Gurrucho: grolo   Broa: pan de millo Diferenza entre estar e ser (somos tristes) os trafegos da terra aniñados nos ollos: Ter os labores do agro sempre na cabeza. Cortizo:  nunha colmea   Quedo desatafegado (sen tarefas), libre, coma se me quitasen de enriba un bocoi ( un gran peso). ...