Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2025

QUE É O ENTROIDO? QUE É A CORESMA?

 Sabías que Galicia ten un dos 10 entroidos máis orixinais do mundo?  Por que é tan especial? Pero que é iso do Entroido? Por que se celebra en todo o mundo? Cal é o seu significado, a súa orixe? O Entroido na súa etimoloxía indícanos unha palabra "entrada" que nos axuda a entender que se celebra, unha preparación para que entre ben a primavera, o tempo da calor, o tempo das colleitas nos campos, propiciatorio da fecundidade tamén do gando, mesmo dos seres humanos.   Que é o que marca o comezo e o remate do Entroido?  A Coresma é ese períod e 40 días que remata coa primeira lúa chea da primavera. ë este tempo un tempo de xexún durante o cal se invita á reflexión sobre o misterio central da relixión cristiá, a morte e resurrección de Cristo e se invita a que os venres  non se pode comer carne. De aí estoutra denominación do tempo anteior á Coresma,  o Carnaval (que quere dicir "adeus á carne") que é unha das tradiciois propias do Entroido  comer ab...

Contidos da proba da 2ª avaliación

 UNIDADE 3 Ortografía: O acento diacrítico  na páx.55 do libro de texto Gramática: Suxeito e predicado. páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog:  - O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. - Dos Reis ao Entroido (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. A narración páx. 92 do libro de texto. Gramática: Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: f...

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

UN TEXTO PARA UN DÍA DA NON VIOLENCIA

  Irmaus de  Celso Emilio Ferreiro Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos. Pero ti, que te alcontras alá lonxe, máis alá dos desertos e dos lagos, máis alá das sabanas e das illas, coma un irmáu che falo. Si é túa a miña noite, si choran os meus ollos o teu pranto, si os nosos berros son igoales, coma un irmau che falo. Anque as nosas palabras sean distintas, e ti negro i eu branco, si temos semellantes as feridas, coma un irmau che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, si os nosos soños son igoales, coma un irmau che falo. Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmau che falo.   Actividades: 1- Cal será o tema central deste poema?  2-  Identifica no texto os recursos literarios máis sinalados.