O problema do idioma en Galiza é un problema de cultura. Estamos fartos desa cultura esterilizada que nos fan mamar por biberón. Nós queremos mamar a cultura na propia teta. Pedimos garantías legais para o desenvolvemento natural do noso espírito, porque queremos volver a presentarnos dignamente no mundo, levando nas mans o ouro da nosa cultura (sabedoría manifestada) para ofrendarllo ao acervo espiritual da Humanidade . Castelao, Sempre en Galiza 1- Explica a metáfora que utiliza Castelao referida ao alimento e a cultura. Cres que é un alimento a cultura? Por que? 2- Que está reclamando Castelao neste texto cando di: "Pedimos garantías legais para o desenvolvemento natural do noso espírito..."? A AMIZADE VERDADEIRA CO NOSO A necesidade de buscar amigos non remata, nin moito menos, na amizade inmediata esa que establece lazos persoais de lealdade e confianza entre persoas máis ou menos próximas. A amizade tamén ten que saberse proxectar cara ao noso ento
Novo Blog fusión de blogalizando e narciblog, os antigos blogs de GALEGO 1º da ESO do SEI SAN NARCISO (Marín)