Saltar ao contido principal

UNIDADE O: A NOSA LINGUA TEN NAI E TEN AVOA

 A NOSA LINGUA TEN NAI E TEN AVOA


Unha lingua precisa dunha terra para botar raíces e medrar.

Podemos imaxinar o nacemento dunha lingua como unha semente dunha gran árbore, pero tamén imaxinar que a nosa lingua é como un ser humano que nace do seo doutra lingua e mesmo pode ter unha avoíña. A lingua galega é filla da lingua latina que trouxeron a esta terra os romanos. E o Latín vén sendo fillo dunha lingua da prehistoria, tan antiga que cando estaba viva, é dicir, cando se falaba non había aínda escritura. Esa lingua chamábase Lingua Indoeuropea, a avoa do galego.


A DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA FAINOS HUMANOS

 

Galicia somos nós:
a xente e maila fala.
Se buscas a Galicia,
en ti tes que atopala!

MANUEL MARÍA. Os soños na gaiola 

 

Algúns homes -galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produce a sabedoría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animais. Velaí vai a demostración: Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda están no idioma universal.

CASTELAO, Sempre en Galiza

 

Cuestións:

1- Por que cres que pode haber algúns homes que poidan sentir envexa das formigas e das abellas?

 

2- E por que esas mesmas persoas consideran un castigo o mito da Torre de Babel? Que sabes ti sobre este pasaxe da Biblia? Quererías ti que existise un idioma universal ou conformaríaste con saber idiomas? Por que?

 

3- Segundo Castelao que caracteriza ao ser humano fronte ás restantes especies animais?



Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...

CONTIDOS DA PROBA DA TERCEIRA AVALIACIóN

A proba da 3ª avaliación versará sobre os seguintes contidos: Gramática: VERBOS IRREGULARES Haberá que conxugar (varios tempos) dos verbos que aparecen nas páx.265 a 272: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poñer, pór, poder, querer, saber, ser, ter e TRAER , VER / VIR   (ollo que non aparecen nestas páxinas do libro, pero si nos enlaces correpondentes) PRONOMES  PERSOAIS ATÓNOS  Seguimos traballando co uso dos pronomes átonos. Lembra estudar a colocación dos pronomes, cando usar TE/CHE e practicar como contraen para substituír con pronomes átonos o CD e o CI dunha oración.   OS DETERMINANTES: ARTIGOS, ADXECTIVOS E PRONOMES (NON PERSOAIS)  no libro de texto páxinas 140-141/ 158-159 Léxico e ortografía Grafías con B / V páxinas 99 e 119 do libro. Grafías con H ou sen ela páxina 139 do libro DECATARSE e 6 advertencias máis Literatura AS LETRAS GALEGAS DO 2026. BEGOÑA CAAMAÑO. Lingua e sociedade AS LINGUAS DO MUNDO: AS LINGUAS DA PENÍNSULA Tradición o...