Saltar ao contido principal

UNIDADE 0 : A LINGUA QUE NOS FAI ORIXINAIS

 


COMO SERMOS UNIVERSAIS E

VERDADEIRAS/ OS ANTE OS DEMAIS?

            A nosa lingua é o camiño de ouro da nosa redención e do noso progreso: sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos endexamais na cultura universal. 


Se o galego quere ser máis que 
habitante dun territorio, se arela* ser un factor de universalidade e de cosmopolitismo**, soamente co emprego da lingua propia, obra da natureza, poderá selo.

 Arrenegando da lingua terá que avergoñarse

 sempre de si mesmo. Eses que viven de costas ás

 orixes dificilmente poderán redimirse*** da servidume do mimetismo****

Que cousa máis orixinal que a lingua dun pobo,

 xerada por accións reaccións seculares entre o home e a Natureza, para facelo diverso no universo?. Creando valores na lingua propia, axiña seremos universais.


*arelar: querer

**cosmopolita: ser unha persoa cidadá do mundo

*** redimirse: liberarse, deixar de facer algo 

****mimetismo; afán por imitar aos demais


TEXTO 2 do libro de Antón Vilar Ponte: Pensamento e sementeira

1-   Que diferenza existe, segundo Vilar Ponte, entre un galego habitante ou residente e un galego falante?

2-Que cres que significa a expresión “redimirse da servidume do mimetismo”. Por que parece tan importante ser orixinais no universo?

3- Este texto escribiuse no ano 1918, no contexto da creación das Irmandades da Fala, tendo en conta o seu nome, cal cres ti que é unha das meirandes aportes deste movemento? Segue tendo vigor o punto de vista de Vilar Ponte? Razoa a resposta.

4- Segundo as palabras de Vilar Ponte, como nace unha lingua?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...