Saltar ao contido principal

UNIDADE CERO: A RíA DA NOSA EXISTENCIA ( curso 24-25)

 

Comezamos o curso 2024-25 tras dunha mirada a nosa ría, recoñecemos o lugar onde vivimos. O lema deste curso será:  A ría da nosa existencia.  Este punto de encontro entre o mar e a terra que nos define, que nos outorga carácter e identidade. O ser humano precisa dunha terra e polo tanto da paisaxe para crear unha cultura. A nosa cultura e a nosa lingua está intimamente unida á paisaxe onde vivimos. Logo o mar, a ría son esenciais para podernos interrogar sobre nós mesmos, para coñecermos mellor.  

Bótalle un ollo a estes dous vídeos:


1-  Procura recoller varias expresións propias para recoñecelas cando as escoites a próxima vez:

- Estás coma unha quenlla, rapas...

- Arestoras na prasa só quedan os ferros...

- Se andas a aghuadisar

- Apañou hox uns chinchos

- Pra congros son moi longos e pra sargos son moi largos

- Queres mirar?

- Home, Que milagre! Vai morer o demo!

 - Tes cara de andar esfolado.

- Non che dá a virada pra vir máis por aquí?

- Nós eramos un pan partido polo medio

- Fálame sempre!


- Unha vez que viches os dous vídeos cres que a lingua que falamos no Morrazo está ligada ao mar e as rías nas que vivimos?

2- Cres que falan un galego distinto ao noso noutras comarcas de Galicia? Por que cres que se producen estas diferenzas?

3- En que aspectos se diferenza o galego normativo e o galego do Morrazo?

4- Pensas que o feito de que existan estas variantes dialectais do galego é unha riqueza ou que pola contra resulta un inconveniente?



Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...

CONTIDOS DA PROBA DA TERCEIRA AVALIACIóN

A proba da 3ª avaliación versará sobre os seguintes contidos: Gramática: VERBOS IRREGULARES Haberá que conxugar (varios tempos) dos verbos que aparecen nas páx.265 a 272: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poñer, pór, poder, querer, saber, ser, ter e TRAER , VER / VIR   (ollo que non aparecen nestas páxinas do libro, pero si nos enlaces correpondentes) PRONOMES  PERSOAIS ATÓNOS  Seguimos traballando co uso dos pronomes átonos. Lembra estudar a colocación dos pronomes, cando usar TE/CHE e practicar como contraen para substituír con pronomes átonos o CD e o CI dunha oración.   OS DETERMINANTES: ARTIGOS, ADXECTIVOS E PRONOMES (NON PERSOAIS)  no libro de texto páxinas 140-141/ 158-159 Léxico e ortografía Na aula Grafías con B / V páxinas 99 e 119 do libro. Grafías con H ou sen ela páxina 139 do libro DECATARSE e 6 advertencias máis Literatura AS LETRAS GALEGAS DO 2026. BEGOÑA CAAMAÑO. Lingua e sociedade AS LINGUAS DO MUNDO: AS LINGUAS DA PENÍNSULA Tra...