Saltar ao contido principal

UNIDADE 0: A MEMORIA DE NOSO. Para que saber de nós?

Unha imaxe de Rosalía de Castro nun recital da poeta galega, Yolanda Castaño,
Premio Nacional de Poesía en 2023.             

Por que a memoria? Falamos da memoria porque é unha ferramenta da humanidade altamente necesaria para progresar, e o progreso sen coñecemento faise unha tarefa imposible. Mais non hai memoria sen curiosidade, ese afán de saber de nós, ese espello do ser no que se reflicte a identidade.


Nós é un pronome que nos identifica e que parte do eu que somos na infancia, aquela etapa na que somos aínda mudos, incapaces de nos expresar como un adulto. A fala, a linguaxe é outra das grandes ferramentas do saber. O pensamento humano precisa das palabras, logo parece ineludible e imprescindible usalas para medrar e para saber de nós.  A actividade do seres humanos pasa por etapas inequívocas de maduración. Tras da infancia do eu logo vén a descuberta posterior do nós que desenvolvemos na Primaria,  lévanos cara a unha corrente, chegamos a adolescencia que desembocará na reafirmación do eu, a descuberta da nosa identidade ante ti e ante o nós, que, ao final desta etapa da Secundaria que comezamos agora, estará máis e mellor definida. 

ACTIVIDADES:  SABER DE NÓS 1: 


1-  Por que esta cantiga é froito da memoria?


O meu amor se ti fores
lévame podendo ser,
eu teño que ir acabar
onde ti fores morrer.

Eu hei de morrer cantando
xa que chorando nacín
as marabillas do mundo
acabaron para min.




Adicado a todas aquelas mulleres que gardaron nas súas gorxas o eco das letras e melodías, sementando nelas a memoria que hoxe nos constrúe. Por facer do voso cantar un camiño con principio, pero sen final. E a Leilía, grazas por ser a porta de entrada cara as nosas antergas para moitas de nós. Tanxugueiras (17 de maio 2025)

O meu amor se ti fores
lévame pudendo ser...

Eu hei de morrer cantando
xa que chorando nacín...

As marabillas do mundo
xa acabaron para min... 

2- De que cres que trata esta cantiga analizando a súa letra? 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PRONOMES PERSOAIS

  PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Os pronomes persoais só poden ser pronomes, nunca funcionan como un adxectivo dun susbtantivo. A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS - Nunca poden comezar un enunciado:    Quéro te  moito! - Posición natural despois do verbo:    Pediu me un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativa s:  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas, é dicir, cun enlace tipo: que, se, porque:   Dixo que te chamaría.                    Díxoo porque te quería . Se te mercase a bici....        3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?  Como te quixo!        4ª - Algúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e  ...

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

CONTIDOS DA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

UNIDADE 3 Gramática: Suxeito e predicado . páx. 56-57 do libro de texto Literatura: Os recursos estilísticos ou literarios páx. 60-61 do libro de texto Tradición oral no blog: Como se celebra en Galicia  de xeito tradicional? -  O ciclo das Trece Lúas. A tradición oral no Nadal. -  Dos Reis ao Entroido e a Coresma (I) UNIDADE 4 Literatura: Os xéneros literarios páx 80-81 do libro de texto. Gramática:  Os verbos regulares en galego  As funcións da oración (I): Complementos Directo e o Indirecto. - OS COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO. Fíxate no seguinte exemplo:                                   Eu fixen filloas para eles. O verbo é o "xefe da oración", o núcleo do predicado. El sabe quen é o suxeito (eu: o que fixo as filloas)  e tamén nos orienta sobre os seus complementos: Preguntámoslle ao verbo QUE fixen? Responderá o Complemento Directo: filloas Se preguntamos A ou PARA...