Saltar ao contido principal

Publicacións

Contidos 1ª Avaliación:

Unidade 0: A ría da nosa existencia. Metáfora UNIDADE 1: Lingua e Sociedade:   -  A nosa lingua ten nai e avoa: -  A lingua que nos fai orixinais - O dereito a ser diferente Comunicación: libro da aula páx. 8  Gramática : As palabras no libro páx. 16-17 Das palabras ás frases: clases de palabras Ortografía : Normas de acentuación páx. 15 Vocabulario : Os dicionarios páx. 14 Literatura:  Literatura e funcións da literatura páx. 20-21 UNIDADE 2: Lingua e sociedade : A árbore filolóxica de 1º da ESO   Comunicación : Comunicación oral e escrita no libro páx. 28 Gramática : AS FRASES estudar polo BLOG O Substantivo. Xénero e número no blog e/ou no libro páx. 100-101 Vocabulario : O alfabeto galego e a orde alfabética páx. 34 Ortografía: Acentuación Ditongos, tritongos e hiatos páx. 35  Tradición oral: (No blog e na libreta)  Defuntos, A danza do abellón . Morte Branca e Morte Moura

OS SUBSTANTIVOS: Xénero e número

OS SUBSTANTIVOS  O XÉNERO:  O NÚMERO

TRADICIÓN ORAL: A danza do abellón. A Morte Moura

  A DANZA DO ABELLÓN A danza do abellón vén a ser un ritual para despedir a veciñanza a un defunto /a. Hai autores e testemuñas orais que documentan este baile en círculo arredor do cadaleito acompañado cun zunido imitando ao son dun abellón no velatorio dos mortos. Parece que era unha tradición que axudaba a que a alma do cadáver abandone o lugar definitivamente cara o Máis Alá.   A MORTE BRANCA E A  MORTE MOURA Hai que ser cego para non ver que en Galicia a morte ten características de auténtico deus. É unha divindade temida, pero tremendamente xusta, que fai a todos por igual porque non ten dúas vara de medir. Ás veces a Morte duplícase en dúas irmás, unha branca e outra moura. A Morte avisa sempre da súa chegada, esa é a Morte Branca, que se presenta para dar o tempo que os homes precisan para axustar contas e despedírense. Logo virá a Morte Moura, esta xa vestida de negro, para levarse deste mundo aos avisados. Nunha ocasión a Morte Branca, e como excepció...

AS FRASES (TIPOS)

  Se ben pode estudailas polo libro nas páxinas 36-37, podes coñecelas tamén no seguinte enlace: AS FRASES E OS SEUS TIPOS 1º MODELO 2º MODELO: 

DÍA DE DEFUNTOS

Non todo vai ser Hallowen, nós celebramos DEFUNTOS   Que actividades realizan as familias nos días de Todos os Santos?  Que tradicións propias do Día de Defuntos fan ou facían nas nosas casas os nosos avos e avoas? Cal era o motivo destes costumes que se fan ou facían?  Conservámolos vivos a día de hoxe?  Pregunta aos teus maiores na túa casa!

UNIDADE 1: AS ÁRBORES FILOLÓXICAS DE 1º ESO

  Despois de analizar os resultados das enquisas da árbore filolóxica da clase intentamos dar resposta as preguntas que nos faciamos. Cal é a razón de que o galego dende a época das nosas avoas/os a hoxe tivese un descenso considerable no número de falantes?                                          Que podemos facer para frear esa situación herdada e inxusta? Situacións que influíron no uso do galego desde o tempo dos nosos bisavós e bisavoas: 1900: O galego, LINGUA MILENARIA cumpre 1000 anos de uso. 1920- O GALEGUISMO: Reclamaba o galego como lingua oficial o que permitiría a súa introdución na administración e nas escolas. 1936- 1976- O FRANQUISMO: Declara oficial exclusivamente o castelán. Nos 40 anos da Ditadura na escola, medios de comunicación e na administración só se pode usar o castelán. A represión, a acción dos medios de comunicación en castelán e a desruralizac...

DAS PALABRAS ÁS FRASES (I): As clases de palabras.

  Podes consultar no seguinte enlace como distinguir as distintas  CLASES DE PALABRAS . No libro aparecen na páxina 16. Actividades: 1- Localiza no texto de máis abaixo as seguintes clases de palabras. (no caso de dúbida podes consultar no dicionario da RAG ) Substantivo, adxectivos, determinantes, pronomes, verbos, adverbios, preposicións e conxuncións.  Analizando as palabras podemos observar que hai diferenzas entre elas polo seu significado ( nomean entidades, accións, calidades...) pola súa forma (son variables ou invariables) e pola súa función no enunciado. Esas diferenzas son a base para establecer distintas clases de palabras. Iremos afondando ao longo do curso en cada unha delas. Agora o máis importante é identificalas nun texto como este.