A NOSA LINGUA TEN NAI E TEN AVOA Unha lingua precisa dunha terra para botar raíces e medrar. Podemos imaxinar o nacemento dunha lingua como unha semente dunha gran árbore, pero tamén imaxinar que a nosa lingua é como un ser humano que nace do seo doutra lingua e mesmo pode ter unha avoíña. A lingua galega é filla da lingua latina que trouxeron a esta terra os romanos . E o Latín vén sendo fillo dunha lingua da prehistoria, tan antiga que cando estaba viva, é dicir, cando se falaba non había aínda escritura. Esa lingua chamábase Lingua Indoeuropea, a avoa do galego. A DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA FAINOS HUMANOS Galicia somos nós: a xente e maila fala. Se buscas a Galicia, en ti tes que atopala! MANUEL MARÍA. Os soños na gaiola Algúns homes -galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos q...
Comentarios