Saltar ao contido principal

Publicacións

Verbos regulares en galego

  Lembras como se conxugaban os verbos regulares en galego? Os seus 3 modos, os 10 tempos, que tiñan 3 conxugacións e 3 persoas en singular e outras 3 en plural?  Para aprender ben os verbos regulares: 1º Hai que memorizar ben os nomes dos tempos de cada modo, dado que sempre teñen a mesma raíz. 2º Memorizar logo as características modais-temporais , esas que aparecen en vermello nos seguintes cadros. Para quen queira consultar a teoría: O VERBO

Primeira festa do ano: DOS REIS AO ENTROIDO (1)

  Despois de escoitar a Amadora de Fonte Ferreira que celebración pensas que celebraban?

O CICLO DAS TRECE LÚAS

NADAL DE LUÍNTRA  Cara Belén camiña unha Niña ocupada fermosa canda ela San Xosé a acompaña.   Chegaron a Belén e pediron pousada, responderon desde dentro con voz alborotada -Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama? -Somos Xosé e María que pedimos pousada - Se traen cartos que entren e se non que se vaian. - Cartos non traerei máis que real de prata -Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.   San Xosé se apenaba, María o consolaba. Non te apenes Xosé, non te apenes por nada, que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña? O CICLO DAS TRECE LÚAS Na tradición oral no tempo que imos entrar estes días, os do solsticio de inverno é denominado tamén o das trece lúas. Por que?  - Por   que son trece os días do ano nos que as noites son máis longas e vemos por máis tempo á lúa. - Por que se celebra o Nadal que son tamén trece lúas ou noites as que van desde o 24 de decembro  ata o 6 de xaneiro, da Noiteboa a de Reis.  -...

Eu son Balbino

   LECTURA: Eu son Balbino    MEMORIAS DUN NENO LABREGO de Xosé Neira Vilas Lemos e consultamos as dúbidas do vocabulario. MEMORIAS DUN NENO LABREGO (Léxico) EU SON (Ser) un ninguén: Ser unha persoa pouco importante, sen importancia. Non hai quen lle tusa: Que se lle ten respecto. Alancar : Dar pasos grandes Brocha: Chatola. restrebar ou xuntar monllos: volver a labrar unha leira, un atado de herba ou semellantes moxardos: moscas, tabáns. muíños apeados: muíños parados (por encherse de auga) espeteiras:  táboa con espetos ou garfos para colgar, colgadoiros. Murnas: mancha na pel por efecto de achegarse ao lume.   fridas : feridas. Gurrucho: grolo   Broa: pan de millo Diferenza entre estar e ser (somos tristes) os trafegos da terra aniñados nos ollos: Ter os labores do agro sempre na cabeza. Cortizo:  nunha colmea   Quedo desatafegado (sen tarefas), libre, coma se me quitasen de enriba un bocoi ( un gran peso). ...

Contidos 1ª Avaliación:

Unidade 0: A ría da nosa existencia. Metáfora UNIDADE 1: Lingua e Sociedade:   -  A nosa lingua ten nai e avoa: -  A lingua que nos fai orixinais - O dereito a ser diferente Comunicación: libro da aula páx. 8  Gramática : As palabras no libro páx. 16-17 Das palabras ás frases: clases de palabras Ortografía : Normas de acentuación páx. 15 Vocabulario : Os dicionarios páx. 14 Literatura:  Literatura e funcións da literatura páx. 20-21 UNIDADE 2: Lingua e sociedade : A árbore filolóxica de 1º da ESO   Comunicación : Comunicación oral e escrita no libro páx. 28 Gramática : AS FRASES estudar polo BLOG O Substantivo. Xénero e número no blog e/ou no libro páx. 100-101 Vocabulario : O alfabeto galego e a orde alfabética páx. 34 Ortografía: Acentuación Ditongos, tritongos e hiatos páx. 35  Tradición oral: (No blog e na libreta)  Defuntos, A danza do abellón . Morte Branca e Morte Moura

OS SUBSTANTIVOS: Xénero e número

OS SUBSTANTIVOS  O XÉNERO:  O NÚMERO

TRADICIÓN ORAL: A danza do abellón. A Morte Moura

  A DANZA DO ABELLÓN A danza do abellón vén a ser un ritual para despedir a veciñanza a un defunto /a. Hai autores e testemuñas orais que documentan este baile en círculo arredor do cadaleito acompañado cun zunido imitando ao son dun abellón no velatorio dos mortos. Parece que era unha tradición que axudaba a que a alma do cadáver abandone o lugar definitivamente cara o Máis Alá.   A MORTE BRANCA E A  MORTE MOURA Hai que ser cego para non ver que en Galicia a morte ten características de auténtico deus. É unha divindade temida, pero tremendamente xusta, que fai a todos por igual porque non ten dúas vara de medir. Ás veces a Morte duplícase en dúas irmás, unha branca e outra moura. A Morte avisa sempre da súa chegada, esa é a Morte Branca, que se presenta para dar o tempo que os homes precisan para axustar contas e despedírense. Logo virá a Morte Moura, esta xa vestida de negro, para levarse deste mundo aos avisados. Nunha ocasión a Morte Branca, e como excepció...