Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2025

AS TRECE LÚAS

Que é o ciclo das TRECE  LÚAS?

PLAN LECTOR: MEMORIAS DUN NENO LABREGO

  Para rematar este primeiro trimestre imos realizar a lectura dun clásico da literatura galega contemporánea, un libro de Xosé Neira Vilas titulado Memorias dun neno labrego Unha semana despois das vacacións faremos a proba de lectura desta obra. 

ANIMALIÑOS

  Os mil e un nomes dos bechos  ACTIVIDADES:  1- Paxaros e peixes, mamíferos e herbívoros, insectos e réptiles da nosa fauna.  Enumera en feminino e masculino o nomes de 50 animais: 25 domésticos e outros tantos salvaxes.  2- Identifica  logo na túa listaxe e clasíficaos segundo pertenzan ás categorías seguintes: Paxaros: Peixes: Moluscos: Insectos: Réptiles:  Herbívoros: Carnívoros:  Omnívoros: 3- En que categoría colocarías aos morcegos, aos caracois, ás limachas ou lesmas e aos vagalumes ou lucecús?  Son invertebrados, pero serán insectos ou vermes?  E as bolboretas en que categoría as colocamos?

A COMPAÑA

  Resumimos este audiovisual sobre un dos mitos máis espallados por toda Galicia habitualmente coñecido co nome da Compaña.  Resumamos este audiovisual sobre a visita obrigada a Santo André de Teixido

CONTIDOS DA 1ª AVALIACIÓN

Unidade 0: A memoria de noso.  Lingua e Sociedade:  -  A nosa lingua ten nai e avoa: -   A lingua que nos fai orixinais - O dereito a ser diferente . (Metáfora do idioma) UNIDADE 1: O nome de Galicia e o galego entre as linguas do mundo Comunicación: libro da aula páx. 8  Gramática: As palabras no libro páx. 16.  Morfemas flexivos e derivativos, palabras derivadas e compostas. Parasíntese. páx.17 Clases de palabras. Das palabras ás frases:  As frases ou sintagmas no blog. Ortografía: Normas de acentuación páx. 15 Vocabulario: Os dicionarios páx. 14 Literatura: Literatura e funcións da literatura páx. 20-21 UNIDADE 2: Lingua e sociedade: A árbore filolóxica de 1º da ESO  Comunicación: Comunicación oral e escrita no libro páx. 28 Gramática: O Substantivo. Xénero e número no blog e/ou no libro páx. 100-101 Vocabulario: O alfabeto galego e a orde alfabética páx. 34 Ortografía: Acentuación Ditongos, tritongos e hiatos páx. 35  Acentos diacrí...

CLASES DE PALABRAS. O SUBSTANTIVO: XÉNERO E NÚMERO

CLASES DE PALABRAS. SUBSTANTIVO:  XÉNERO E NÚMERO

A LINGUA DAS NOSAS AVOAS E DOS NOSOS AVÓS

  Analizamos os resultados das enquisas da árbore filolóxica da clase intentamos dar resposta ás dúas preguntas que nos faciamos. 1ª Cal é a razón de que o galego dende a época das nosas avoas/os a hoxe tivese un descenso tan considerable no número de falantes?                                         2ª Que podemos facer para frear esa situación herdada e inxusta?   Situacións que influíron no uso do galego desde o tempo das bisavoas e bisavós ata hoxe: 1900: O galego, LINGUA MILENARIA cumpre 1000 anos de uso. 1920- O GALEGUISMO: Reclamaba o galego como lingua oficial o que permitiría a súa introdución na administración e nas escolas. 1936- 1976- O FRANQUISMO: Declara oficial exclusivamente o castelán.  Nos 40 anos da Ditadura na escola, medios de comunicación e na administración só se pode usar o castelán. A represión, a acción dos medios de comunicación en castelán e...

O PAXARO DA MORTE

O paxaro da morte é un dos moitos avisos ou agoiros que anuncia a morte das persoas, ben cantando ou ululando perto das casas dos que van morrer. Como é invisible a xente considera a unha multitude de aves seren o verdadeiro paxaro da morte: a pega  o corvo, a curuxa, o moucho, o voitre. Hai quen lle chama cabra do aire, porque os seus cantos semellan os meos da cabra, outros prefiren o nome de avelaiona, porque se laia estarrecedoramente. Contan que quen a escoita moitas veces xa na súa vida pode chegar a dicir: ?Dende a miña casa, cando a escoito pola noite, dependendo a dirección que vaian os cantos sei en que zona da aldea vai morrer alguén, e se na mesma noite canta en máis dunha dirección, e que vai haber varios defuntos. Polo normal os seus cánticos son vellos, pero tamén hai veces que os seus cánticos son dunha ave nova, polo que entón o que vai morrer vai ser unha persoa nova.? - Se avelaiona laia, prepara a mortalla! AVELAÍÑAS En Marín como en moitos outros lugare...

A MORTE BRANCA E A SÚA IRMÁ, A MORTE MOURA

MORTE BRANCA, MORTE MOURA Hai que ser cego para non ver que en Galicia a morte ten características de auténtico deus. É unha divindade temida, pero tremendamente xusta, que fai a todos por igual, non ten dúas varas de medir. Ás veces a Morte duplícase en dúas irmás, unha branca e outra moura. A Morte avisa sempre da súa chegada, esa é a Morte Branca, que se presenta para dar o tempo que os homes precisan para axustar contas e despedírense. Logo virá a Morte Moura, esta xa vestida de negro, para levarse deste mundo aos avisados. Nunha ocasión a Morte Branca, e como excepción, disque tivo compaixón. Tratábase dun home novo, san, cos fillos sen criar aos que había que manter. Prometeulle volver e avisalo convenientemente. O home chegou a vello. Un día, entre o lusco e fusco, chegou a Morte, petou na porta e ordenoulle: - Vamos! - Como? Non quedaches en darme os avisos? - Xa chos din. - Non tal. - Caéronche o pelo e os dentes? - Caeron. - Perdiches a vista? - Perdín. - Haiche que berrar pa...

DÍA DE DEFUNTOS:

Non todo vai ser Hallowen, nós celebramos DEFUNTOS   Chega o día de Defuntos. En todas as partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween. Pero, atención!, non é americano todo o que o parece. Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai máis lugares nos que se  está a recuperar esta tradición na forma da festa do Samaín. Hai aproximadamente 2600 anos chegaron a Galicia os pobos celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume)... que representaban tanto as forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios. En concreto a festa do 1 de novembro era e...

DAS PALABRAS ÁS FRASES

CLASES DE PALABRAS AS FRASES E OS SEUS TIPOS

UNIDADE 1/ O nome de Galicia e o galego entre as linguas do mundo.

  O NOME DA TERRA  Tras visualizar os vídeos responde as cuestións: 1- Cal é o obxectivo do micro programa "Ben falado"? 2- O galego vén do latín, o latín vén a ser a nai do galego, pero quen é a avoa da nosa lingua? 3- Quen lle puxo o nome de Gallaecia a Nosa Terra: 4- Dos sufixos latinas aic /aec = -ego naceu un sufixo moi galego. Cita tres palabras que o conteñan. 5- Por que cres que a montaxe que inclúe o primeiro dos vídeos denomínase "palabras milenarias"? Argumenta a resposta. 6- "Chover miudiño" e "ás cuncas" ou "a cachón" Que diferenza hai? 7- Cal é a etimoloxía de "Galicia" de Callaecia? 8- O galego forma parte do privilexiado 5% que significa isto? 9-En que continentes hai máis linguas? 10-Cantas linguas do mundo hai en Europa? 11-De quen depende a continuidade das nosas linguas?

UNIDADE 1/ CLASES DE PALABRAS. XÉNERO E NÚMERO

  CLASES DE PALABRAS  No libro de texto aparecen na páxina 16. OS SUBSTANTIVOS  no libro na páxina 100-101 XÉNERO  GRAMATICAL NÚMERO

A MEMORIA DE NOSO (II): A nosa lingua ten nai e avoa

Para saber de nós imos reflexionar sobre a lingua e a soiedade comezando polos seguintes temas:  A diversidade lingüística fainos humanos A lingua que nos fai orixinais O dereito a ser diferente

UNIDADE 0: A MEMORIA DE NOSO. Para que saber de nós?

Unha imaxe de Rosalía de Castro nun recital da poeta galega, Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía en 2023.              Por que a memoria? Falamos da memoria porque é unha ferramenta da humanidade altamente necesaria para progresar, e o progreso sen coñecemento faise unha tarefa imposible. Mais non hai memoria sen curiosidade, ese afán de saber de nós, ese espello do ser no que se reflicte a identidade. Nós é un pronome que nos identifica e que parte do eu que somos na infancia , aquela etapa na que somos aínda mudos, incapaces de nos expresar como un adulto. A fala, a linguaxe é outra das grandes ferramentas do saber. O pensamento humano precisa das palabras, logo parece ineludible e imprescindible usalas para medrar e para saber de nós.  A actividade do seres humanos pasa por etapas inequívocas de maduración. Tras da infancia do eu logo vén a descuberta posterior do nós que desenvolvemos na Primaria,   lévanos cara a unha corren...

RECOMENDAMOS ALGUNHA LECTURA EN GALEGO PARA O VERÁN

 Un par de recomendacións para ler en galego:  Un ollo de vidro , un clásico de Castelao agora que anda de aniversario. Puberdade en marcha , un libro informativo sobre a puberdade.  

PROBA DE RECUPERACIÓN DE XUÑO

 O próximo venres 13 será o día de RECUPERACIÓN daquela materia que non teñamos superada.   Contidos da 1ª Avaliación: Ortografía : ACENTUACIÓN no libro de texto páx- 15 Gramática : CLASES DE PALABRAS no libro de texto páx. 16-17 O XÉNERO E O NÚMERO DOS SUBSTANTIVOS E ADXECTIVOS páx. 100-101 Lingua e sociedade : A LINGUA FAINOS HUMANOS   Contidos da 2ª Avaliación: Ortografía: O ACENTO DIACRÍTICO páx. 55 do libro. Gramática: SUXEITOS E PREDICADO páx.: 56-57 do libro de texto. VERBOS REGULARES COMPLEMENTOS DIRECTO E INDIRECTO (podes velo no enlace dos pronomes) PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Literatura : OS XÉNEROS LITERARIOS páx.: 80-81 do libro de texto. Contidos da 3ª Avaliación:   Gramática:  VERBOS IRREGULARES PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS Léxico : O CORPO HUMANO DECATARSE Literatura : AS LETRAS DAS CANTAREIRAS 2025 Lingua e sociedade: AS LINGUAS DA PENÍNSULA Expresión, ortografía e Tradicion oral: A FESTA DO MAIO  LOBISHOME (ver no caderno ou nas entradas ...

OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE de A. D. R. CASTELAO

  Para rematar o curso lendo en galego, traballamos na aula esta lectura dun texto teatral.  Haberá unha proba escrita sobre esta lectura, poderás ir realizando osteus propios resumos para preparala na libreta.  O autor A. D. R. Castelao pintando as máscaras para o estreo da obra en Buenos Aires.  LELA: 

CONTIDOS DA PROBA 3ª AVALICIACIÓN

 A proba da 3ª avalición versará sobre os seguintes contidos: Gramática: VERBOS IRREGULARES Haberá que conxugar (varios tempos) dos verbos que aparecen nas páx.265 a 272: caber, dar, dicir, estar, facer, haber, ir, poñer, pór, poder, querer, saber, ser, ter e TRAER, VER/ VIR ollo que non aparecen nestas páxinas do libro pero si no seguinte enlace:  conxuga PRONOMES  PERSOAIS ATÓNOS   Seguimos traballando co uso dos pronomes átonos. Lembra estudar a colocación dos pronomes, cando usar TE/CHE e practicar como contraen para substituír con pronomes átonos o CD e o CI dunha oración.   Léxico e ortografía O CORPO HUMANO DECATARSE e 6 advertencias máis Literatura AS LETRAS GALEGAS DO 2025. Que lle debemos ás nosas pandeireteiras? Lingua e sociedade AS LINGUAS DO MUNDO: AS LINGUAS DA PENÍNSULA Tradición oral e expresión OS LOBISHOMES varios textos resumidos na aula que relatan que é un lobo da xente, ou un lobo da fada, tamén chamados lobishomes.  A nosa ...

DECATARSE e 6 cousas máis do léxico en galego

 Imos aprender dun xeito áxil e grazas ao Dígoche Eu como usar correctamente algunhas palabras e expresións en galego para evitar castelanismos: DECATARSE MENTRES DICIR ISO:  ESTES e ESES QUENDA ÁS VECES ARRANXAR

VERBOS IRREGULARES: Que debo saber?

Este curso de primeiro debe servir para asentar o noso coñecemento dos verbos en galego. Conxugar con soltura os verbos máis usados que poden ser tanto verbos regulares, como irregulares.    VERBOS REGULARES   VERBOS IRREGULARES

Un exemplo da nosa tradición oral viva: A FESTA DOS MAIOS EN GALICIA

  O ciclo da primavera ten unha data moi destacada na nosa tradición oral que ademais representa unha festa moi antiga que segue viva como tradición na boca das máis novas e novos.   A Festa dos Maios en GALICIA ten diversas formas de celebrarse, en Marín en particular cos nosos maios cónicos. Coñezamos os  TIPOS DE CELEBRACIÓNS  

AS CANTADEIRAS, Quen SON? LETRAS GALEGAS 2025

No ano 2025 a Real Academia Galega dedícalle este Día  das Letras ás pandeireteiras e a tradición oral popular, un conxunto de centos e miles de mulleres que habitualmente foron e son aínda anónimas, pero que a Academia decide singularizar en 6 cantadeiras xa falecidas como son Rosa e Adolfina Casás, Eva Castiñeira e as pandeireteiras de Mens (Prudencia e Asunción Garrido, Teresa García e Manuela Lema). Dalgún xeito se homenaxea ás que lograron manter viva a tradición oral de séculos ata os nosos días, que estando a piques de botarse a perder, como consecuencia de que se foi esmorecendo o mundo rural e labrego en gran medida.  Mais nos anos setenta e oitenta do século pasado o traballo de recolleitas e cancioneiros (especialmente o Dorothé Schubarth)  e a actividade recuperadora de grupos musicais e asociacións folclóricas fixo que cun carácter máis urbano a tradición oral siga viva na boca da mocidade e con novas fórmulas de dinamización, concertos e festi...

A peeira dos lobos

  A peeira dos lobos

O lobishome de Cervantes

 O lobishome de Cervantes

O LOBISHOME NO SEQUEIRO

  O lobo da xente O sucedido que vou referir contáronmo como certo. Dixéronme onde foi, que foi preto de Trives; vive aínda quen mo contou, e que, cando era novo, coñeceu a todas as persoas que andaron na historia, porque tampouco hai tanto tempo que pasou: haberá como cincuenta ou sesenta anos. Mais imos ao conto. Era pola castañeira. O tempo era revolto e outonizo, chovía por veces e facía tan escuro que era noite pouco despois de xantar. Ía un pouco como de día de defuntos e a tristura do mes da ánimas espallábase xa empardecendo o ceo por toda a banda. O Anxo andaba nun souto, onde o río da Cabalar. Tiña o cabelo claro, os ollos azuis, as meixelas roxas. Tiña un gran peito e brazos fortes, e era coraxoso e valente. Estaba termando dun sequeiro e saíra nunha escampada a apañar folla no souto. O souto onde andaba o Anxo era pecho e sombrizo, cuberto o chan de herba verde entre a que medraban estalotes,e chouparros, flora das terras húmidas... As chancas do Anxo ao tri...

AS LINGUAS DO MUNDO / AS LINGUAS DA PENÍNSULA

  Actividade: Observa as 4 diferenzas entre este mapa e o que trae o libro na páx. 86 sobre as lingua na península. Imos tomar boa nota destas diferenzas.  É O GALEGO UNHA LINGUA MINORITARIA?  A LUSOFONÍA: A relación do Galego e o Portugués:

LÉXICO: O corpo humano

 COMO SE CHAMAN AS DISTINTAS PARTES DO NOSO CORPO?  P ONLLE O NOME CORRESPONDENTE EN GALEGO Para exercicios  Lembra esta cantiga popular para aprender ben os nomes dos dedos:  Este é o pequeniño, este é o medianiño, (ou “este é o seu padriño”) este é o pai de todos este é o furabolos e este gordocho…é o matapiollos!! (tamén pode chamarse “escachapiollos”)

LECTURA DO SEGUNDO TRIMESTE: A ERA DE LÁZARO de Paula Carballeira

   A segunda lectura do Plan lector deste curso en galego será unha novela de Paula Carballeira, unha das nosas autoras vivas cun Premio Nacional de Literatura. Imos tentar recibila e ter un encontro con ela despois da lectura.  A proba de lectura realizarémola á volta das vacacións de Semana Santa e haberá que presentar os resumos manuscritos de cada capítulo o día da mesma. 

A TRADICIÓN ORAL (I): OS ROMANCES

  Que é un Romance?  Unha das composicións da tradición oral en verso máis sinalada por ser antiga e de contido narrativo pois conta unha historia con personaxes e espazo, mesmo un tempo determinado aínda que poida ser impreciso. Traemos como exemplo un dos romances máis antigo que se coñece, O romance de Don Gaiferos de Mormaltán. É unha peza que se chegou aos nosos días grazas a un traballo moi singular de Faustino Santalices (terceiro na fotografía que encabeza a entrada), un avó que nos deixou a súa voz. El preocupouse polas cantigas de cego que acompañaban a estes dende tempos remotos á hora de pedir esmola, recuperando tamén un instrumento con que adoitaban acompañarse: a zanfona. Versión interpretada por Amancio Prada a partir da peza recollida por Faustino Santalices no ano 1945:  A letra do romance:  Está é a letra que a tradición oral conservou e que Faustino Santalices gravou en 1945:   Onde vai aquil romeiro, meu romeiro a onde irá? camiño de Compost...

QUE É O ENTROIDO? QUE É A CORESMA?

 Sabías que Galicia ten un dos 10 entroidos máis orixinais do mundo?  Por que é tan especial? Pero que é iso do Entroido? Por que se celebra en todo o mundo? Cal é o seu significado, a súa orixe? O Entroido na súa etimoloxía indícanos unha palabra "entrada" que nos axuda a entender que se celebra, unha preparación para que entre ben a primavera, o tempo da calor, o tempo das colleitas nos campos, propiciatorio da fecundidade tamén do gando, mesmo dos seres humanos.   Que é o que marca o comezo e o remate do Entroido?  A Coresma é ese períod e 40 días que remata coa primeira lúa chea da primavera. ë este tempo un tempo de xexún durante o cal se invita á reflexión sobre o misterio central da relixión cristiá, a morte e resurrección de Cristo e se invita a que os venres  non se pode comer carne. De aí estoutra denominación do tempo anteior á Coresma,  o Carnaval (que quere dicir "adeus á carne") que é unha das tradiciois propias do Entroido  comer ab...