NADAL DE LUÍNTRA Cara Belén camiña unha Niña ocupada fermosa canda ela San Xosé a acompaña. Chegaron a Belén e pediron pousada, responderon desde dentro con voz alborotada -Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama? -Somos Xosé e María que pedimos pousada - Se traen cartos que entren e se non que se vaian. - Cartos non traerei máis que real de prata -Iso é poucos cartos, pídano noutra parte. San Xosé se apenaba, María o consolaba. Non te apenes Xosé, non te apenes por nada, que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña? O CICLO DAS TRECE LÚAS Na tradición oral no tempo que imos entrar estes días, os do solsticio de inverno é denominado tamén o das trece lúas. Por que? - Por que son trece os días do ano nos que as noites son máis longas e vemos por máis tempo á lúa. - Por que se celebra o Nadal que son tamén trece lúas ou noites as que van desde o 24 de decembro ata o 6 de xaneiro, da Noiteboa a de Reis. -...
Novo Blog fusión de blogalizando e narciblog, os antigos blogs de GALEGO 1º da ESO do SEI SAN NARCISO (Marín)